STS-88 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 4 de decembro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-88, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para unirse ao módulo base da Estación Espacial Internacional, Zarya, por primeira vez e acoplar o módulo Unity, tamén coñecido como Nodo 1. Unha vez unidos, Zarya e Unity formaron o núcleo arredor do cal se construiría o resto da estación. Ao final da súa misión o transbordador soltou os satélites MightySat-1 e SAC-A. A tripulación estaba formada polo comandante Robert D. Cabana, o piloto Frederick W. Sturckow e os especialistas de misión Nancy J. Currie, Jerry L. Ross, James H. Newman e Sergei K. Krikalev.
O transbordador permaneceu 12 días no espazo, levándose a cabo tres actividades extravehiculares para cablear e instalar diferentes elementos. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 15 de decembro de 1998.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS