El señor doctor é un filme mexicano de 1965 dirixido por Miguel M. Delgado e interpretado por Mario Moreno Cantinflas.
Sinopse Salvador Medina (Cantinflas) é un doutor que se desenvolve nos arredores da capital, é dicir, é un médico rural. Atópase con moitos e diversos avances tecnolóxicos no eido da medicina, de maneira que el precisa adaptarse ás novas tecnoloxías.
Ten frecuentes conflitos co seu adversario, o doutor Villanueva (Miguel Ángel Álvarez "El Men"), o seu superior. En realidade, o doutor Villanueva o que desexa é a superación científica de Salvador, e, a longo prazo, de feito convértense en cuñados. Na súa actividade médica no hospital, o doutor Salvador Medina, de acordo cos seus principios humanitarios serve a diversos pacientes levantando a súa autoestima, como no caso dunha velliña (Prudencia Griffel) que se sente moi soa e abandonada do seu único familiar, un neto.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1965 Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes sobre temas médicos