STS-71 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 27 de xuño de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-71, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para realizar o primeiro acoplamento entre un transbordador espacial e a estación espacial rusa Mir, dando comezo a unha colaboración de varios anos. A tripulación estaba formada polo comandante Robert L. Gibson, o piloto Charles J. Precourt, os especialistas de misión Ellen S. Baker, Bonnie J. Dunbar e Gregory J. Harbaugh e os compoñentes da misión Mir 19, Anatoli Soloviev e Nikolai Budarin.
O acoplamento tivo lugar ás 9:00 EDT do 29 de xuño co método R-Bar (que minimiza o gasto de propelente) no que o Atlantis aproximouse á estación directamente desde abaixo, seguindo o radio vector da Terra. O piloto, Gibson, tomou o control manual do transbordador cando estaban a uns 800 m de distancia da estación. O acoplamento tivo lugar dentro das marxes de seguridade e sen problemas na vertical do lago Baikal. Unidos, o Atlantis e a Mir formaron o conxunto máis pesado (225 toneladas) en órbita ata aquel momento. Durante os cinco días que estiveron unidos se transferiu equipamento entre unha nave e outra e se fixeron diversos experimentos biomédicos e físicos utilizando o módulo Spacelab da bodega do transbordador.
O Atlantis separouse da Mir o 4 de xullo para reiniciar a reentrada atmosférica. A bordo ían Norman E. Thagard, Vladimir Dezhurov Gennadi Strekalov, os compoñentes da misión Mir 18, en substitución de Soloviev e Budarin, que quedaron na Mir, polo que o Atlantis regresou con oito astronautas, tomando terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de xullo de 1995.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS