STS-66 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 3 de novembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-66, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións da atmosfera terrestre mediante os instrumentos dos laboratorios ATLAS-3 e CRISTA-SPAS e realizar experimentos biolóxicos e fisiolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Donald R. McMonagle, o piloto Curtis L. Brown, a comandante de carga Ellen Ochoa e os especialistas de misión Scott E. Parazynski, Joseph R. Tanner e Jean-François Clervoy.
ATLAS-3 levaba dous instrumentos (SOLCON e SOLSPEC) para medir as emisións solares e a concentración de ozono atmosférico no rango de lonxitudes de onda da luz visible e ultravioleta. Tamén incluía os instrumentos ATMOS, SSBUV, ACRIM, SUSIM e MAS. CRISTA-SPAS era unha plataforma flotante que foi liberada do transbordador no segundo día de misión e se mantivo a entre 40 e 70 km por detrás do transbordador mentres facía as súas medicións da atmosfera. Foi recollida oito días despois.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 14 de novembro de 1994.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS