O aeroporto internacional de Kotoka é un aeroporto que serve a Accra, a capital de Ghana. Está operado por Ghana Airports Company Limited (GACL), que ten as súas oficinas nas instalacións do aeroporto. GACL foi creada como resultado do desmantelamento da Autoridade da Aviación Civil de Ghana (GCAA).
No ano 2014 o aeroporto foi usado por 2,54 millóns de pasaxeiros. Serve como base para os operadores domésticos Africa World Airlines, Starbow Airlines e Antrak Air.
As súas instalacións están formadas por dúas terminais de pasaxeiros, a Terminal 1 e a Terminal 2. A Terminal 1 serve principalmente a operadores domésticos e rexionais, mentres que a 2 se usa sobre todo para voos internacionais e de longo alcance. Tamén existe unha terminal usada para voos diplomáticos e unha terminal militar.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Kotoka