STS-61-A foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de outubro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-61-A, cun récord de oito astronautas a bordo, foi lanzada para facer toda unha serie de experimentos no laboratorio Spacelab D1, na bodega de carga do transbordador. Tamén puxo en órbita o satélite GLOMR. A tripulación estaba formada polo comandante Henry W. Hartsfield, o piloto Steven R. Nagel, os especialistas de misión James F. Buchli, Guion S. Bluford e Bonnie J. Dunbar e os especialistas de carga Reinhard Furrer, Ernst Messerschmid e Wubbo J. Ockels, o primeiro astronauta neerlandés.
O obxectivo principal da misión foi levar a cabo experimentos no módulo Spacelab D1 e no taller de materiais de a bordo. Fixéronse cerca de 70 investigacións en campos como a física de fluídos, solidificación de cristais e metais, a resposta de células humanas e de plantas á microgravedade e o crecemento de cristais en vapor. A maior parte dos investigadores implicados nos experimentos eran alemás, pero tamén houboos franceses, italianos, neerlandeses, españois, suízos e estadounidenses.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de novembro de 1985, despois de sete días en órbita.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger
Categoría:Programa STS