STS-61-B foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 27 de novembro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-61-B, con sete astronautas (Brewster Shaw, Bryan D. O'Connor, Mary Cleave, Sherwood Spring, Jerry Ross, Rodolfo Neri Vela, primeiro astronauta mexicano, e Charles D. Walker) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita varios satélites: o Morelos 2, o SATCOM KU-2 e o Aussat-2. A tripulación tamén fixo dous experimentos dirixidos a gañar experiencia construíndo estruturas no espazo: EASE e ACCESS. Cada experimento requiriu unha actividade extravehicular, ambas levadas a cabo po Spring e Ross. A bordo do transbordador tamén ían os experimentos CFES, DMOS, MPSE e OEX.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 3 de decembro de 1985.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS