STS-56 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 8 de abril de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-56, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións da atmosfera terrestre mediante o laboratorio ATLAS 2 e estudar o Sol mediante o observatorio Spartan-201, que foi liberado polo transbordador e logo recuperado. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth D. Cameron, o piloto Stephen S. Oswald e os especialistas de misión C. Michael Foale, Kenneth D. Cockrell e Ellen Ochoa.

ATLAS 2 consistía nos mesmos instrumentos que voaron en ATLAS 1 nun voo anterior. Ademais o transbordador levaba a bordo dous experimentos educativos: SUVE, da Colorado Space Grant Corporation, un consorcio de universidades, e SAREX II. Tamén voaron nesta misión os experimentos STL-3 e PARE-03, así como HERCULES, RME-III, CREAM e AMOS. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 17 de abril de 1993.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS