STS-57 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 21 de xuño de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-57, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos a bordo do módulo presurizado Spacehab 1 e recuperar o satélite EURECA, posto en órbita pola misión STS-46. A tripulación estaba formada polo comandante Ronald J. Grabe, o piloto Brian Duffy, o comandante de carga G. David Low e os especialistas de misión Nancy J. Sherlock, Peter J. Wisoff e Janice E. Voss.
O módulo Spacehab 1 levaba a bordo seis experimentos sobre ciencia de materiais e seis experimentos sobre biotecnoloxía. Outros experimentos foron feitos a bordo do transbordador, incluíndo un experimento de reciclaxe de auga para para estacións espaciais. O 24 de xuño a tripulación capturou o satélite científico recuperable EURECA para devolvelo a terra, pero debido a que as súas antenas non se recolleron ao enviárselle instrucións para iso, os astronautas Low e Wisoff tiveron que facer unha actividade extravehicular para pregalas manualmente e poder recoller o satélite.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 1 de xullo de 1993.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS