STS-51-D foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 12 de abril de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-51-D, con sete astronautas a bordo (Karol Bobko, Donald E. Williams, Rhea Seddon, S. David Griggs, Jeffrey Hoffman, Charles D. Walker e o senador Jake Garn), encargouse de poñer en órbita os satélites Telesat 1 e Syncom IV-3, cuxo motor fallou en envialos á súa órbita definitiva. Foi tamén a primeira misión na que voou un político profesional, o senador Jake Garn. A tripulación fixo tamén varios experimentos a bordo, entre eles CFES III, SSIP, AFE, PPE e experimentos biomédicos e astronómicos.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de abril de 1985. Durante a aterraxe o freo dereito bloqueouse, causando serios danos á roda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS