STS-51-I foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 27 de agosto de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-51-I, con cinco astronautas a bordo (Joe Engle, Richard Covey, James van Hoften, William Fisher e John Lounge), foi posta en órbita para lanzar os satélites Aussat 1, ASC 1 e Leasat 4 (Syncom IV-4). Tamén, por primeira vez, recuperou e reparou en órbita un satélite, o Leasat 3 (Syncom IV-3), lanzado pola misión STS-51-D. A tripulación fixo varios experimentos a bordo, entre eles o PVTOS. Fisher e van Hoften fixeron dúas actividades extravehiculares, totalizando 11 horas e 51 minutos fora do transbordador.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 3 de setembro de 1985.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS