Xiana dos Países BaixosBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. (nome orixinal completo: Juliana Louise Emma Marie Wilhelmina van Oranje-Nassau), nada na cidade surholandesa da Haia o e finada no pazo de Soestdijk en Baarn, na provincia de Utrecht, o 20 de marzo de 2004, foi raíña dos Países Baixos desde a abdicación da súa nai en 1948 ata a súa propia abdicación en favor da súa filla Beatriz, o 30 de abril de 1980. Desde esa data retomou o título de Princesa dos Países Baixos."Koningin Juliana (1909-2004)". En AbsoluteFacts.nl (en neerlandés)"Juliana. Queen of The Netherlands". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)

Xenealoxía e descendencia

Xenealoxía miniatura|esquerda|A princesa Xiana no colo da súa nai, a raíña Guillermina Xiana era filla da raíña Guillermina dos Países Baixos e do príncipe Henrique de Mecklenburg-Schwerin. Era neta por vía paterna do gran duque Federico Francisco II de Mecklemburgo-Schwerin e da princesa María Carolina de Schwarzburg-Rudolstad. Por vía materna era neta do rei Guillerme III dos Países Baixos e da princesa Emma de Waldeck-Pyrmont. Foi nomeada Princesa dos Países Baixos desde o seu nacemento e aplicóuselle o tratamento de alteza real.

O 7 de xaneiro de 1937 casou co príncipe alemán Bernaldo de Lippe-Biesterfeld.Xenealoxía de Xiana dos Paíxes Baixos. En Geneanet (en castelán)

Descendencia

A entón princesa Xiana e o príncipe Bernaldo tiveron catro fillas: A princesa (posteriormente raíña) Beatriz dos Países Baixos, nada o 31 de xaneiro de 1938. A princesa Irea dos Países Baixos, nada o 5 de agosto de 1939. A princesa Margarida dos Países Baixos, nada o 19 de xaneiro de 1943. A princesa Cristina dos Países Baixos, nada o 18 de febreiro de 1947.

Traxectoria

Infancia, xuventude e matrimonio

miniatura|esquerda|Foto oficial da princesa Xiana, en 1910 Pasou a súa infancia en Pazos da familia real entre Apeldoorn e a Haia. O seu titor, Jan Ligthart, educouna nunha pequena escola creada para ese propósito no pazo de Noordeinde, á que asistiu desde o seis anos e onde recibiu unha educación elemental con outras nenas da súa idade pertencentes á nobreza. Como a Constitución holandesa especificaba que debía estar preparada para acceder ao trono desde os dezaoito anos, a educación da princesa Xiana levouse a cabo dun xeito máis acelerado có das súas compañeiras. Logo de cinco anos de educación primaria, a princesa recibiu a súa educación secundaria e a súa preparación preuniversitaria de titores privados.

O 30 de abril de 1927, a princesa Xiana alcanzou a maioría de idade e, xa que logo, considerouse constitucionalmente preparada para asumir as prerrogativas reais, se chegase o caso. Dous días despois, a súa nai nomeouna membro do Consello de Estado (Raad van State).

Ese mesmo ano a princesa comezou a súa carreira como estudante na Universidade de Leiden. Durante os seus primeiros anos universitarios realizou estudos de socioloxía, xurisprudencia, economía, historia das relixións, historia parlamentaria e dereito constitucional. Durante os seus estudos tamén realizou cursos sobre a cultura de Suriname e as Antillas Neerlandesas, a Constitución dos Países Baixos, relacións internacionais, dereito internacional, historia xeral, e dereito europeo. Tamén estudou baixo a tutela privada do profesor Christiaan Snouck Hurgronje sobre os fundamentos do islam, unha relixión practicada por moitos habitantes das colonias holandesas.

Como era costume nas monarquías da época, a raíña Guillermina tamén comezou a buscar un marido adecuado para a súa filla. Os príncipes do Reino Unido e Suecia foron “vetados”, pero outros declinaron ou foron rexeitados pola princesa. Xiana coñeceu o príncipe Bernaldo de Lippe-Biesterfeld nos Xogos Olímpicos de Garmisch-Partenkirchen 1936, e o seu compromiso matrimonial foi aceptado pola súa nai. O príncipe Bernaldo era un home de negocios cun estilo de vida dinámico e nada tradicional. O matrimonio durou toda a súa vida e resistiu a separación transitoria motivada pola segunda guerra mundial, así como as relacións extramaritais e os fillos ilexítimos do príncipe, coñecidos publicamente. A raíña Guillermina protexeu a súa filla cun acordo prematrimonial no que se establecía exactamente o que se lle permitía ou non facer ao príncipe alemán, ademais da asignación monetaria que recibiría da Facenda real. O documento foi asinado e o compromiso anunciouse publicamente o 18 de setembro de 1936. miniatura|Celebración do compromiso de voda co príncipe Bernaldo en Ámsterdam, en 1936 O anuncio da voda dividiu un país que desconfiaba de Alemaña, daquela gobernada por Adolf Hitler. Antes da voda, ao príncipe Bernaldo outorgóuselle a cidadanía holandesa e cambiou a pronuncia e a escrita do seu nome do alemán ao neerlandés. Casaron na Haia o 7 de xaneiro de 1937, na mesma data que o fixeran os avós de Xiana, o rei Guillerme III e a raíña Emma, cincuenta e oito anos antes. A cerimonia civil tivo lugar no salón do concello da Haia e posteriormente o matrimonio foi bendicido na Grande Igrexa de San Xacobe (St. Jacobskerk). A parella instalouse no pazo de Soetsdijk, en Baarn."Youth and education". En Queen Juliana (1909-2004). Royal House of The Netherlands (en inglés)

Exilio O clima político europeo xa era moi tenso por mor da grande ameaza da Alemaña nazi, e esta tensión intensificouse nos Países Baixos cando Adolf Hitler deixou entender que o matrimonio de Xiana era un sinal de alianza entre os Países Baixos e Alemaña. A raíña Guillermina rexeitou axiña publicamente as palabras de Hitler, pero o incidente aumentou o resentimento popular pola elección do marido da princesa. Certas revelacións sobre a pasada conduta do príncipe Bernaldo avivaron a animadversión dos holandeses, pero tras a invasión alemá o 10 de maio de 1940, o posicionamento do príncipe, claramente contra os nazis, cambiou en gran parte a opinión pública no seu favor. miniatura|esquerda|A familia real en Ottawa en 1943 Durante a segunda guerra mundial e a ocupación alemá dos Países Baixos, os príncipes decidiron abandonar o seu país coas súas dúas fillas e viaxaron ao Reino Unido, representando o Goberno dos Países Baixos no exilio. A princesa permaneceu alí durante un mes antes de levar as cativas a Ottawa, capital do Canadá, onde pasaron a residir nunha modesta casa don barrio da periferia.

Na cidade canadense, onde poucas persoas coñecían a familia, as nenas acudían á escola pública e Xiana facía as compras persoalmente. Gozando do seu anonimato, ía adoito ao cine e facía cousas cotiás ás que non estaba afeita. Cando a súa veciña deu a luz, a princesa dos Países Baixos ofreceuse para coidar dos seus fillos entanto que se recuperaba do parto.

Cando estaba a piques de nacer a súa terceira filla, Margarida, en 1943, o Parlamento do Canadá aprobou unha lei especial que declaraba territorio neerlandés a propiedade da princesa Xiana na cidade e o Ottawa Civic Hospital, para que simbolicamente a nena nacese en terra neerlandesa. De non terse promulgado esta lei, a princesa Margarida quedaría excluída da sucesión ao trono dos Países Baixos. O Goberno canadense izou a bandeira tricolor neerlandesa na torre do Parlamento mentres no seu campanario soaba música neerlandesa ante a noticia do nacemento da princesa Margarida. O príncipe Bernaldo, que permanecera en Londres coa raíña Guillermina e os membros do goberno neerlandés no exilio, puido visitar a súa familia no Canadá e estar presente no nacemento de Margarida.

O 2 de maio de 1945, Xiana regresou coa raíña Guillermina nun avión militar á zona liberada dos Países Baixos e instalouse en Breda para pór en marcha un Goberno holandés provisional. De regreso no seu país, expresou a súa gratitude ao Canadá enviando á cidade de Ottawa máis de 100.00 bulbos de tulipán.

O 24 de xuño de 1945 viaxou desde Gourock (Escocia) aos Estados Unidos, abandonando a súa residencia permanente en Londres. Ao ano seguinte Xiana doou outros 20.500 bulbos de tulipán coa petición de que parte deles fosen plantados nos terreos do hospital onde nacera Margarida, e prometeu á cidade de Ottawa un agasallo anual de tulipáns durante toda a súa vida, para amosar o seu eterno agradecemento ao Canadá pola súa hospitalidade. Actualmente, Ottawa celebra o Festival Anual dos Tulipáns, en lembranza deste agasallo."Marriage and family". En Queen Juliana (1909-2004). Royal House of The Netherlands (en inglés)

Regreso aos Países Baixos O 2 de agosto de 1945 a princesa Xiana reuniuse con toda a súa familia en territorio neerlandés. O seu austero e tradicional pai convenceuse de que os costumes da súa filla e netas se corromperan durante a súa estadía no Canadá; o xeito en que as cativas foran educadas foi motivo de discusión entre a princesa Xiana e o seu marido. Ela pensaba que a época das monarquías tradicionalistas, ríxidas e illadas do pobo terminara, e que os príncipes debían interaccionar tanto como fose posible coa cidadanía.

Xiana colaborou cos proxectos de axuda de posguerra no norte dos Países Baixos, onde a ocupación nazi provocou fames negras durante os invernos de 1944 e 1945. Amosouse moi activa durante o seu período como presidenta da Cruz Vermella holandesa e traballou estreitamente coa organización para a reconstrución nacional. Durante a primavera de 1946, os príncipes Xiana e Bernaldo visitaron os países que axudaran os Países Baixos durante a ocupación.

A súa derradeira filla, María Cristina, naceu case cega por mor da rubéola que Xiana padecera durante o embarazo. A visión da princesa mellorou co tempo e os avances médicos. No entanto, nos primeiros momentos, a princesa Xiana aferrouse a calquera posible esperanza dunha cura para a súa filla e, deste xeito, caeu baixo a influencia dunha curandeira cuxos numerosos detractores vían como unha farsante. Cara a 1956, cando se coñeceu a influencia desa curandeira sobre as decisións políticas de Xiana, o escándalo estivo a piques de provocar a caída da casa de Orange e da monarquía holandesa. Esta crise constitucional fixo xurdir unha facción, liderada polo príncipe Bernaldo, decidida a derrocar a raíña, considerándoa unha fanática relixiosa e unha ameaza á estabilidade da OTAN. O primeiro ministro conseguiu resolver a crise e salvar a monarquía, aínda que Xiana perdeu o apoio do seu poderoso marido Bernaldo e dos seus aliados.

O príncipe Bernaldo chegou mesmo a planear o divorcio da súa esposa, que finalmente non se produciu.

A finais de 1947 e outra vez en 1948 a princesa actuou como rexente, cando, por razóns de saúde, a raíña Guillermina se viu incapaz de cumprir coas súas tarefas de Estado. A guerra de independencia de Indonesia, que obrigou á despregadura de máis de 150 000 soldados holandeses, foi considerada un desastre económico para os Países Baixos, e ante a inminente perda da colonia, a raíña Guillermina anunciou a súa intención de abdicar."Queen Juliana of The Netherlands". En The Guardian, 22 de marzo de 2004 (en inglés)

Reinado O 6 de setembro de 1948, a princesa Xiana foi coroada raíña dos Países Baixos en Ámsterdam, converténdose no décimo segundo membro da Casa de Orange en ocupar a xefatura de Estado dos Países Baixos. O 27 de decembro de 1949 no pazo Dam, en Ámsterdam, a raíña Xiana asinou os papeis que lle recoñecían a Indonesia a soberanía sobre as antigas colonias das Indias Orientais Neerlandesas.

miniatura|esquerda|A raíña co presidente Truman nunha viaxe aos Estados Unidos en 1952