O aeroporto intercontinental George Bush é un aeroporto internacional en Houston, Texas, que serve á súa área metropolitana, a quinta máis grande dos Estados Unidos. Está situado a uns 37 quilómetros ao norte do centro da cidade, entre a Interestatal 45 e a Interestatal 69/U.S. O aeroporto ten voos regulares a un gran número de destinos tanto domésticos como internacionais. Foi bautizado na honra de George H. W. Bush, o 41º presidente dos Estados Unidos. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 41 622 594 pasaxeiros, converténdoo no 43º aeroporto máis concorrido do mundo.
Houston é o segundo centro de conexións para pasaxeiros máis grande de United Airlines, só por detrás do aeroporto Internacional O'Hare de Chicago. IAH foi o principal centro de conexións, tanto doméstico como internacional, de Continental Airlines antes da súa fusión con United Airlines.
O aeroporto serve como cidade focal para Spirit Airlines. Operando para United Express, as aeroliñas Expressjet Airlines e Skywest Airlines utilizan IAH como centro de conexións. Durante os anos 70 e comezos dos 80 o aeroporto serviu como cidade focal para varias grandes aeroliñas como a orixinal Braniff International Airways, Delta Air Lines, Eastern Air Lines, National Airlines e Pan American World Airways. Foi centro de conexións da aeroliña baseada en Houston Texas International Airlines e da aeroliña rexional Metro Airlines tamén baseada na área de Houston.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
George Bush