STS-41 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 6 de outubro de 1990 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-41, con cinco astronautas a bordo (Richard Richards, Robert Cabana, Bruce Melnick, William Shepherd e Thomas Akers), foi lanzada para poñer en órbita a sonda solar Ulysses e para facer diversos experimentos a bordo, tanto biolóxicos como de materiais e tecnolóxicos. Entre os experimentos realizados estaban SSBUV para o estudo da luz ultravioleta reflectida pola atmosfera, CHROMEX, VCS, SSCE, IPMP, PSE, RME III, SSIP e AMOS.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 10 de outubro de 1990.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery Ulysses (sonda espacial)
Categoría:Programa STS