STS-32 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 9 de xaneiro de 1990 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-32, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións militar Leasat 5 e recuperar o satélite LDEF (Long Duration Exposure Facility), posto en órbita anos antes e cuxa recuperación atrasouse despois do accidente do transbordador espacial Challenger, con risco de que reentrara na atmosfera. A tripulación estaba formada polo comandante Daniel C. Brandenstein, o piloto James D. Wetherbee e os especialistas de misión Bonnie J. Dunbar, G. David Low e Marsha S. Ivins.
Como misión secundaria, a bordo do transbordador ían diversos experimentos, como o FEA-3, o AFE, CNCR-01, AMOS-4, MLE e IOCM.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de xaneiro de 1990.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS