STS-33 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 23 de novembro de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-33, con cinco astronautas a bordo (o comandante Frederick Gregory, o piloto John Blaha e os especialistas de misión Manley Carter, Story Musgrave e Kathryn Thornton), foi lanzada para poñer en órbita o satélite militar clasificado Magnum 2. Foi a quinta misión adicada ao Departamento de Defensa. Tamén se levaron varios experimentos biomédicos a bordo.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 28 de novembro de 1989.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS