Hadrián é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés e co checo. A súa orixe é o latín Hadrianus, estirpe romana do emperador Hadriano. En galego tamén ten as variantes Adriano, Adrao, Hadriano e Adrán.

En xaneiro de 2023 existían 74 varóns en Galicia co nome Hadrián, cunha media de idade de 23,2 anos,Nome Hadrián na web do Instituto Galego de Estatística 225 co nome Adriano, cunha media de idade de 49,6 anosNome Adriano na web do Instituto Galego de Estatística. e 11 co nome Adrán, cunha media de idade de 14 anos.Nome Adrán na web do Instituto Galego de Estatística. Non hai persoas rexistradas coas variantes Adrao ou Hadriano.

Outras linguas As variantes gráficas para escribir as versións deste nome noutras linguas son as seguintes: alemán: Adrian, Adria, Adriaan, Adrijan, Adriaen, Adrián, Adriano, Adrien, Andrigan, Arian, Hadrian, Jadran Aragonés: HadriánEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. catalán: Adrià castelán: Adrián, Adriano (papas e emperador) checo: Hadrián, Adrián francés: Adrien (papas), Hadrian (emperador), ás veces mesmo Arien, Adryen, Adrian, Hadrien inglés: Adrian, Adrien, Hadrian (papas e emperador), Ade [ás veces úsase a grafía francesa Adrien (como en Adrien Brody), pero en todo caso sempre se pronuncia con ditongo inicial] italiano: Adriano, Adreano, Adrio neerlandés: Adriaan, Adriaen, Adrianus, Aad, Aarjen, Aat, Ad, Adri, Adrie, Aerjen, Arian, Ari, Ariaan, Arie, Arius, Arjan, Arjen, Erjen, Hadriaan, Hadrianus, Janus, Jari polaco: Adrian portugués: Adriano, Adrião romanés: Adrian, Adi

Personaxes Relixión Hadrián I: Papa que estivo no solio pontificio do ano 772 ó 795. Hadrián II: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 867 ó 872. Hadrián III: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 884 ó 885. Hadrián IV: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 1154 ó 1159. Hadrián V: Papa que gobernou a igrexa cristiá no ano 1276. Hadrián VI: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 1522 ó 1523. Hadrián de Cesarea, mártir cristián finado no 309 (5 de marzo). Hadrián de Nicomedia, mártir cristián, torturado e decapitado no ano 303 (8 de setembro).

Aristocracia Hadriano: tamén coñecido coma "Publio Elio Hadriano"; emperador de Roma dende 117 ó 138.

Outros Adrián Troitiño, anarcosindicalista galego. Adrián Solleiro González, ilustrador galego. Adrián Estévez Iglesias, filólogo, escritor e wikimedista galego. Adrian de Vries: escultor neerlandés. Adrian Dimítrievich Zajárov: arquitecto ruso. Adriano Balbi: xeógrafo e estadista italiano. Adriano Banchieri: compositor italiano. Adriano Celentano: Cantante e actor italiano. Adriano del Valle: poeta español. Adriano Olivetti: político e enxeñeiro industrial italiano.

Hadrián na cultura galega

Na toponimia miniatura|240px|Concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Santo Adrián miniatura|240px|Concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Santo Adrán miniatura|240px|Concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Santo Adrao miniatura|240px|Distribución conxunta dos concellos en que se encontran parroquias coa advocación de Hadrián en tódalas súas variantes gráficas Segundo o nomenclátor de Galicia oficial da Xunta, en Galiza hai 15 parroquias consagradas a este santo, aínda que ningunha delas escrita con hache: 4 delas coa variante Adrián: Vilariño, Cambados; Calvos, Fornelos de Montes; Meder, Salvaterra de Miño; e Santo Adrián do Castro, Zas. outras 4 coa variante Adrán: Toba, Cee; Verdes, Coristanco; Corme Aldea, Ponteceso e Cobres, Vilaboa. e outras 7 coa variante Adrao: Moneixas e Madriñán, Lalín; Ousón, Becerreá; Bieite, Leiro; Santo Adrao de Lourenzá, Lourenzá; Veiga, Ortigueira e Zapeaus, Rairiz de Veiga.

Tamén existen os lugares de Santo Adrián (A Pobra do Brollón e O Saviñao), Santo Adrián do Castro (Zas), Adrán (A Laracha, Ordes e Teo), Santadrao (Castroverde, Pastoriza e Riotorto), Santo Adrao (Vilalba), Santadriao (Pantón) e Santradán (Cobres, Vilaboa).

Á xeografía física corresponde o cabo de Santo Hadrián, en Malpica.

Na literatura Na literatura galega cómpre destacar o influxo deste antropónimo en Otero Pedrayo. Nado un 5 de marzo, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva), e Adrián Soutelo (o tío de Paio, n' Os camiños da vida). Outros personaxes literarios deste nome son Adrián Novoa (Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz) e Adrián Seivane (Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras).

Na cultura tradicional Na cultura popular galega hai unha lenda, un refrán e unha cantiga vencellados a Santo Hadrián. A lenda di como segue:

O refrán é: Día de san Adrián, sécalle a primeira raíz ó pan.

A cantiga, con dúas variantes, é: Meu siñor San Adrián/é un santo milagroso/pedínlle un mozo bonito/doume un barbas de raposo. Meu señor San Adrián/é un santo moi milagreiro/pedinlle un home bonito/doume un cara de carneiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos San Adrián Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrián Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos checos