María Meijide Fraga, nada no ano 1978 en Santiago de Compostela, é unha pintora galega.María Meijide: ALLEGRO ANDANTE dunha sinfonía de cor, revistapincha.gal, 2 de maio de 2019.
Traxectoria Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo, e licenciouse na Universidade de Sevilla na especialidade de Pintura no 2003. O seu estilo é autodefinido como figuración narrativa e é herdeiro (libremente) da pintura luminosa do sur. Exprésase principalmente a través do óleo e a acuarela, pero utiliza tamén a fotografía e outras técnicas.
Exposicións Preparados, listos, ya; mostra colectiva de pintura e escultura. Mairena del Aljarafe, Sevilla, abril 2003.
Colectivas Cacheiras–Dakar . Itinerario dunha viaxe a Senegal; Exposición individual; Óleos e Acuarelas en A Gramola -Pza. Cervantes-, decembro de 2004 – febreiro de 2005, Compostela. Pintura e gravado, café Rúa Nova, decembro 2003, Compostela.
Performances Ezequiel y Maria, arte y gastronomia; parella artística (con Ezequiel Velize) posta en escena, caterings e feiras gastronómicas; temporada de verán do 2004.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego .
Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo