Este artigo trata sobre a planta, para o doce de masa de follado, véxase o artigo Milfollas (doce).
miniatura| miniatura|dereita|Detalle das flores. 100px|miniatura|dereita|Follas d A. millefolium. O milfollas ou herba dos carpinteirosNomes vulgares galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 (Achilleae millefollium), é unha planta herbácea perenne nativa do hemisferio norte e que tradicionalmente se empregaba para curar feridas. Consómese como parte de caldos.
Distribución e hábitat Probabelmente procede de Eurasia. Medra principalmente en Asia e a zona mediterránea de Europa, aínda que é menos abundante e incluso inexistente en rexións coma Andalucía e o sur de Portugal. Mora tamén noutros sitios en América a causa da dispersión accidental que fixeron os humanos.
Medra en prados incultos, no beiril dos camiños e regueiros, en xeral en lugares húmidos.
Ecoloxía De xeito natural, o milfollas medra en zonas non demasiado secas e ben drenadas. Pódese atopar en pastos, en leiras cultivadas ou non e a miúdo par das estradas, en abas de montaña e en zonas boscosas. Pódese atopar entre os 0 e 2.400 m de altitude, aínda que prefire altitudes inferiores aos 1.500 m. A partir dos 1.000 m cara a arriba ten un porte máis pequeno e máis recendo.
Aínda que é unha planta moi tolerante a calquera tipo de clima, require unhas condicións temperadas ou temperadas-frías. Resiste ben as xeadas (até -15 °C) e á seca. Normalmente quere condicións de pleno sol.
En canto ao tipo de solo, en xeral se pode dicir que se axeita ben a todo tipo de solos (acedos ou básicos, calcarios, secos), sempre que estean ben drenados xa que non resiste o asolagamento. Polo tanto, prefire solos areentos e frescos antes que solos arxilosos e compactos. Medra ben en solos pobres.
Historia Identificada nun xacemento de restos de Neanderthal, podería ter formado parte dunha primitiva farmacoloxía desta cultura. Os gregos déronlle o nome de aquilea por Aquiles, soado pola súa invulnerabilidade ás feridas, que segundo unha lenda sandou con ela a seu amigo Télefo. Os guerreiros levábana coma un remedio case milagreiro nas súas mochilas, polo que foi tamén coñecida coma herba dos soldados.
Usos en xardinaría As plantas do xénero Achillea é moi utilizado en xardinaxe tanto polas súas flores como polo seu recendo. Especialmente utilizado en macizos con boa resistencia aos solos pobres. Soportan ben a seca.
Propiedades Usos en farmacia Dioscórides comenta: «É moi útil esta herba contra as efusións de sangue, contra as chagas recentes, antigas e efistoladas». En botica popular úsanse as cabezas florais ou corimbos en infusión para lavar as feridas externamente. Crese que o milfollas é unha planta poderosa para a maxia alquímica. De aí na antigüidade fora das herbas máis apreciadas polas bruxas, meigas e feiticeiras.
Como non produce sono nin diminúe as facultades, resulta moi aconsellábel para todas as situacións que impliquen tensión, mais que requiren unha mente despexada e en plena forma, como ante un exame, unha proba ou unha entrevista de traballo ou en calquera ocasión na que nos atopemos perante alguén que nos poña nerviosos.
Modo de emprego Tisana: preparar unha infusión de dúas culleres de flores por cunca de auga. Tomar dúas ou tres infusións ao día.
Principios activos Contén aceite esencial (0,3-1%): azulenos (20-50%), alfa e beta-pineno, cariofileno; polifenois: flavonoides (luteolina, apixenina), ácido cafeico, lactonas sesquiterpénicas (leucodina, deacetilmatricina, milefina, dihidropartenólido), aquileína (betonicina), vestixios de heterósidos cianoxénicos (prunasósido). Outras fontes analizan: Aquileína (glicósidos), colina, ácido valeriánico, ácido fórmico, alcohol metílico, esencia composta por limoneno, pireno, tuión, borneol, cineol, azuleno, tanino, fitosferina, resinas.
Indicacións O azuleno dálle propiedades coma antiinflamatorio. As lactonas sesquiterpénicas reforzan esta acción e son responsábeis do efecto aperitivo, eupéptico, colerético, hipoglucemiante suave e antimicrobiano. Os taninos, aínda que presentes en baixa proporción, teñen un efecto hemostático, cicatrizante. Os flavonoides, e os seus heterósidos fornecen propiedades de antiespasmódico. Atribúeselle, ademais, unha actividade coma diurético e antipirético. As follas son máis adstrinxentes que as flores. Indicado para anorexia non nerviosa, inapetencia, gastrite, dispepsias hiposecretoras e os seus síntomas asociados (sensación de plenitude gástrica, aerofaxia, flatulencia); espasmos dixestivos, náuseas, vómitos; dispepsias, discinesias e litiase biliar; colelitiase, disquinesias hepatobiliares, colecistite, flebite, varices, hemorroides. Coadxuvante no tratamento da diabetes. Dismenorrea, síndrome premenstrual e espasmo uterino. En uso tópico: feridas, úlceras dérmicas, queimaduras, hemorroides.Milenrama (achillea millefolium)
Taxonomía Achillea millefolium foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 899. 1753. Sinonimia Achillea albida Willd. Achillea alpicola (Rydb.) Rydb. Achillea ambigua Boiss. Achillea ambigua Pollini Achillea anethifolia Fisch. ex Herder Achillea angustissima Rydb. Achillea arenicola A.Heller Achillea bicolor Wender. Achillea californica Pollard Achillea ceretanica Sennen Achillea compacta Lam. Achillea coronopifolia Willd. Achillea crassifolia Colla Achillea cristata Hort. ex DC. Achillea cuspidata Wall. Achillea dentifera Rchb. Achillea eradiata Piper Achillea fusca Rydb. Achillea gigantea Pollard Achillea gracilis Raf. Achillea haenkeana Tausch Achillea intermedia Schleich. Achillea lanata Lam. Achillea lanulosa Nutt. Achillea laxiflora A.Nelson Achillea laxiflora Pollard & Cockerell Achillea magna All. Achillea magna L. Achillea magna Haenke Achillea marginata Turcz. ex Ledeb. Achillea megacephala Raup Achillea millefolilium E.Mey. Achillea nabelekii Heimerl Achillea nigrescens (E.Mey.) Rydb. Achillea occidentalis (DC.) Raf. ex Rydb. Achillea ochroleuca Eichw. Achillea ossica K.Koch Achillea pacifica Rydb. Achillea palmeri Rydb. Achillea pannonica Scheele Achillea pannonica f. laxa Dabrowska Achillea pecten-veneris Pollard Achillea pratensis Saukel & R.Länger Achillea pseudotanitifolia Wierzb. ex Rchb. Achillea puberula Rydb. Achillea pumila Schur Achillea rosea Desf. Achillea seidlii J.Presl & C.Presl Achillea setacea Schwein. Achillea sordida (W.D.J.Koch) Dalla Torre & Sarnth. Achillea subalpina Greene Achillea subhirsuta Gilib. Achillea submillefolium Klokov & Krytzka Achillea sylvatica Becker Achillea tanacetifolia Mill. Achillea tenuifolia Salisb. Achillea tenuifolia var. albicaulis (C.A.Mey.) Trautv. Achillea tenuis Schur Achillea tomentosa Pursh Achillea virgata Hort. ex DC. Achillios millefoliatus St.-Lag. Alitubus millefolium (L.) Dulac Alitubus tomentosus Dulac Chamaemelum millefolium (L.) E.H.L.Krause Chamaemelum tanacetifolium (All.) E.H.L.Krause Chamaemelum tomentosum (L.) E.H.L.Krause en PlantList
Nome vulgar En galego recibe varios nomes comúns coma: herba dos carpinteiros, milfollas, herba da rula, herba do soldado ou aquilea (máis formal).
En portugués recibe os nomes de mil-em-rama, mil-folhas e milefólio.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Diccionario ilustrado de los nombres vernáculos de las plantas en España, Andrés Ceballos Jiménez. I.C.O.N.A. 1986 Davidse, G., M. Sousa-Peña, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (editores generales) 2012. Asteraceae. Fl. Mesoamer. 5(2): ined. Dillon, M. O. 1981. Family Compositae: Part II. Tribe Anthemideae. Flora of Peru. Fieldiana, Bot., n.s. 7: 1–21. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2). Gleason, H. A. 1968. The Sympetalous Dicotyledoneae. vol. 3. 596 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx. Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
Ligazóns externas
Achillea millefolium no Real Xardín Botánico de Madrid (España)
Categoría:Achillea Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné