Zinedine Yazid Zidane, nado o 23 de xuño de 1972 en Marsella, é un exfutbolista francés e actual adestrador de fútbol, de familia orixinaria da Cabilia alxeriana. Dende 2026 adestra a selección de Francia. É considerado por algúns medios o máximo expoñente do fútbol mundial de mediados dos anos 90 e principios do 2000 así como un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos. Está incluído na lista dos 125 máis grandes xogadores vivos realizada por Pelé, en asociación coa FIFA. Dita organización distinguiuno como Mellor xogador Mundial en 1998, 2000, 2003. En 2004 foi elixido nunha enquisa por Internet promovida pola UEFA como O Mellor futbolista europeo dos últimos 50 anos.

Desenvolvíase na posición de mediapunta. Zidane era un mediocampista de gran técnica, preciosista, cunha gran visión de xogo e con toques xeniais. Pese á súa calidade pasaba por longos períodos de irregularidade, non obstante terminaba as tempadas como un dos máis destacados do equipo.

Traxectoria Debutou con 17 anos na Ligue 1 francesa co AS Cannes nun partido contra o Nantes. En 1992 ficha polo Girondins de Bordeos, no que pasa catro anos. En 1996, ficha pola Juventus, equipo no que gaña varios trofeos de Liga, Copa, Supercopa de Italia e a Copa Intercontinental.

Logo da súa destacada actuación na Eurocopa de 2000, Florentino Pérez interésase polo xogador e o 10 de xullo de 2001 foi presentado polo Real Madrid. Cifrouse a operación en 73,5 millóns de euros, sendo a fichaxe máis cara da historia daquel tempo. En 2002 marcou o gol que daba a Liga de Campións ao seu equipo contra o Bayer Leverkusen (2-1). Co club branco tamén gañou a Supercopa de Europa de 2002, a liga 2002/03 e a Supercopa de España de 2003.

O 7 de maio de 2006 xogou o seu penúltimo partido na liga, e último no Estadio Santiago Bernabéu, partido no que marcou un dos tres goles do seu equipo contra o Villarreal CF (3-3) e foi ovacionado pola afección. O seu último partido foi contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, no que tamén marcou un gol, aínda que o equipo perdeu (4-3).

Selección nacional Debutou coa selección de fútbol de Francia o 17 de agosto de 1994 nun encontro celebrado en Bordeos ante a República Checa. Entrou en substitución do mediocampista Corentin Martins no minuto 63 e marcou os dous goles cos que os galos empataron o partido.

A súa grande actuación na Copa Mundial de Fútbol de 1998, que culmina na final fronte a Brasil (na que marcou 2 dos 3 goles de Francia), valeulle o título mundial e axudoulle a conseguir o Balón de Ouro como mellor futbolista do ano. Tamén foi campión na Eurocopa de 2000. Para a Copa do Mundo de 2002 sufriu unha lesión e tivo pouca participación, sendo Francia eliminada en primeira fase. En 2004 Zidane anunciou o seu retiro da selección pero logo dos malos resultados na clasificatoria para o Mundial de 2006 foi necesario o seu retorno. Francia tivo unha regular primeira fase, mais nos oitavos de final recuperou o seu nivel de inicios da década, eliminando a España, a vixente campioa Brasil e Portugal, perdendo na final contra Italia.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSerie AJuventusItalia1997Serie AJuventusItalia1998Liga españolaReal MadridEspaña2003Supercopa de EspañaReal MadridEspaña2003

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa Intertoto da UEFAGirondins de BordeosFrancia e Alemaña1995Copa IntercontinentalJuventusXapón1996Supercopa de EuropaJuventusMónaco1996Copa Mundial de FútbolFranciaFrancia1998Copa Intertoto da UEFAJuventusItalia1999EurocopaFranciaBélxica e Países Baixos2000Liga de Campións da UEFAReal MadridEscocia2002Supercopa de EuropaReal MadridMónaco2002Copa IntercontinentalReal MadridXapón2002 (*) Incluíndo a Selección

Distincións individuais DistinciónAnoFIFA World Player - Mellor xogador do ano1998, 2000, 2003FIFA World Player - Segundo mellor xogador do ano2006FIFA World Player - Terceiro mellor xogador do ano1997, 2002Balón de Ouro1998Balón de Prata2000Balón de Bronce1997Mellor xogador da Copa Mundial2006Once de Ouro1998, 2000, 2001Once de Prata1997, 2002, 2003Once de Bronce1999Mellor xogador da Liga de Campións da UEFA(MVP)2001-02Premio Gredos do Deporte2003Mellor xogador europeo dos últimos 50 anos (Votación por Internet)2004FIFA 100 - Un dos mellores xogadores vivos da historia2004Marca LeyendaMARCA Leyenda, Diario Marca2008Incluído no once ideal da década polo diario inglés The SunAS.COM - The Sun tamén se apunta ao 'Clásico' no seu Once da Década2009

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Zinedine Zidane

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Balón de Ouro Categoría:Xogadores do AS Cannes Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Adestradores de fútbol de Francia Categoría:Adestradores do Real Madrid Castilla Categoría:Adestradores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Francia Categoría:Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA