O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire da China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido da China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Shanghai-Pudong