Recaré é un lugar da parroquia de Bembrive, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 301 habitantes (150 homes e 151 mulleres).
En 1996 aprobouse o Plan Parcial Recaré para urbanizar a zona, a carón da autovía A-55, mais foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por mor dun defecto de forma no proceso de notificación a un dos afectados. En 2001, con Lois Pérez Castrillo como alcalde, retomouse o proxecto. A Inmobiliaria Recaré tiña previsto construír un centro comercial"O alcalde levará a pleno o Plan Parcial Recaré 2". Xornal Vigo. Concello de Vigo. 21 de xuño de 2001., e o proxecto está recollido no Plan Xeral de Ordenación de 2008. En 2017 levouse de novo á xerencia de urbanismo local"El Concello planea aprobar el ámbito comercial Recaré con la ley de la Xunta". Atlántico Diario, 13 de novembro de 2017., e Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia emitiu un informe favorable en decembro de 2017.
Lugares e parroquias Lugares de Bembrive
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Lugares de Vigo Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos