1977 (MCMLXXVII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Foi designado como o Ano da serpe, segundo o horóscopo chinés.
Acontecementos 4 de xaneiro - Manifestacións en toda España esixindo a amnistía. 27 de marzo - Unha colisión entre dous avións Boeing 747 no aeroporto de Los Rodeos, Tenerife, causa a morte a 583 persoas, no que é o accidente aéreo con maior número de vítimas mortais da historia da aviación. 15 de xuño - Primeiras eleccións democráticas en España dende febreiro de 1936, após a guerra civil española e a ditadura franquista. 25 de outubro - Asínase en Madrid o Pacto da Moncloa, un acordo entre o Goberno de España (representado por Adolfo Suárez), os principais partidos políticos con representación parlamentaria, as asociacións empresariais e o sindicato Comisións Obreiras, co obxectivo de estabiliza-lo proceso de transición ó sistema democrático. 29 de outubro - Abre as súas portas por primeira vez o Museo do Pobo Galego. 1 de decembro - Derrógase en España a censura previa cinematográfica. miniatura|Memórias de um pequeno camponês (1977). Editora Forja, Lisboa (detalle da cuberta). Tradución ao portugués das Memorias dun neno labrego de Pepe Neira. Nacementos 13 de xaneiro - Orlando Bloom, actor estadounidense. 2 de febreiro - Shakira, cantante colombiana. 14 de febreiro - Emma Couceiro, poeta galega. 19 de febreiro - Gianluca Zambrotta, futbolista italiano. 12 de marzo - Marian Aguilera, actriz española. 19 de abril - Yolanda Castaño, poetisa galega. 10 de maio - Nick Heidfeld, piloto alemán de Fórmula 1. 1 de xullo - Liv Tyler, actriz estadounidense. 5 de xullo - Dunia Montenegro, actriz porno brasileira. 18 de xullo - Alfian bin Sa'at, escritor singapuriano. 27 de xullo - Ana Pontón, política galega. 3 de agosto - Óscar Pereiro, ciclista galego. 27 de agosto - Deco, futbolista portugués. 14 de outubro - Tina Dickow, cantante dinamarquesa. 19 de outubro - David Rubín, debuxante galego.
Mortes 2 de xaneiro - Erroll Garner, pianista estadounidense de jazz. 14 de xaneiro - Anthony Eden, primeiro ministro británico (n. 1897). 14 de xaneiro - Anaïs Nin, escritora francesa (n. 1903). 18 de xaneiro - Džemal Bijedic, primeiro ministro iugoslavo (n. 1917). 11 de febreiro - Louis Beel, primeiro ministro dos Países Baixos (n. 1902). 27 de febreiro - Claudio Pérez Prieto, farmacéutico e político galeguista. 18 de marzo - Marien Ngouabi, presidente da República do Congo (n. 1938). 29 de marzo - Eleuterio González Salgado, mestre e político galeguista (n. 1899). 7 de abril - Jim Thompson, escritor estadounidense (n. 1906). 11 de abril - Jacques Prévert, poeta e guionista francés. 21 de abril - Gummo Marx, actor estadounidense (n. 1892). 23 de abril - Tino Grandío, pintor galego (n. 1924). 5 de maio - Ludwig Erhard, chanceler alemán (n. 1897). 10 de maio - Joan Crawford, actriz estadounidense (n. 1905). 25 de maio - José Ledo Limia, militante libertario galego (n. 1900). 3 de xuño - Roberto Rossellini, cineasta italiano. 3 de xuño - Archibald Vivian Hill, fisioloxista británico, Premio Nobel (n. 1886). 16 de xuño - Wernher von Braun, científico alemán (n. 1912). 2 de xullo - Vladimir Nabokov, escritor ruso, Premio Nobel de Literatura (n. 1899). 4 de agosto - Edgar Douglas Adrian, fisiólogo británico, premio Nobel de Medicina en 1932 (n. 1889). 4 de agosto - Ernst Bloch, filósofo alemán. 16 de agosto - Elvis Presley cantante e actor estadounidense. 19 de agosto - Groucho Marx, actor e humorista estadounidense (n. 1890). 12 de setembro - Robert Lowell, poeta estadounidense. 12 de setembro - Steve Biko, activista político surafricano (n. 1946). 16 de setembro - Maria Callas, soprano greco-estadounidense (n. 1923). 16 de setembro - Marc Bolan, músico británico (n. 1947). 24 de setembro - Sebastián Martínez-Risco, xuíz e escritor galego. 4 de decembro - Camilo Barcia Trelles, profesor e escritor asturiano (n. 1888). 12 de decembro - Baldomero Lois Asorey, psiquiatra galego (n. 1900). 25 de decembro - Charles Chaplin, actor e director británico. 25 de decembro - Ramón Fernández Fernández-Mosquera, maxistrado, xornalista e escritor galego (n. 1912). 26 de decembro - Howard Hawks, cineasta estadounidense.
Premios Nobel Física: Philip Warren Anderson, Nevill Francis Mott e John Hasbrouck van Vleck Química: Ilya Prigogine Fisioloxía ou Medicina: Roger Guillemin, Andrew V. Schally e Rosalyn Yalow Literatura: Vicente Aleixandre Paz: Amnistía Internacional Economía: Bertil Ohlin e James E. Meade
Día das Letras Galegas dedicado a: Antón Vilar Ponte
Outros 19 de febreiro - Sae ao público a revista galega Encrucillada: revista galega de pensamento cristián, so a dirección o teólogo Andrés Torres Queiruga.
Historia ano a ano
Categoría:1977
nv:1951 – 2000