1983 (MCMLXXXIII) foi un ano común comezado en sábado no calendario gregoriano. Foi designado o Ano Mundial das Comunicacións pola Organización das Nacións Unidas.
O ano 1983 viu tanto o comezo oficial de Internet como a primeira chamada a través dun teléfono móbil.
Acontecementos 1 de xaneiro - Historia de Internet: ARPANET deixa o protocolo NPC e adopta o TCP/IP. 4 de xaneiro, Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Cabul. 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados. 22 de xaneiro - No hospital de Bellvitge de Barcelona realízase o primeiro transplante de fígado de España. 23 de xaneiro Emítese por primeira vez a serie de televisión The A Team. O tenista sueco Björn Borg, pentacampeón de Wimbledon, explica as razóns da súa retirada da alta competición. 24 de xaneiro - O tenista estadounidense John McEnroe vence ó checo Ivan Lendl e proclámase campión do (Tennis Masters Cup) de Nova York. 25 de xaneiro Xoán Paulo II promulga o novo Código de Dereito Canónico. Deteñen ó nazi Klaus Barbie, o "Carniceiro de Lión", en Bolivia. 2 de febreiro - Retómanse en Xenebra as negociacións soviético-estadounidenses START, referidas á redución do armamento estratéxico 3 de febreiro - O Papa Xoán Paulo II presenta o novo Código de dereito canónico. 6 de febreiro - Trasládase a Klaus Barbie ao forte de Montcluc (Francia), para ser xulgado como autor dos crimes cometidos por forzas alemás baixo o seu mando na segunda guerra mundial. 7 de febreiro: Realízase o primeiro transplante de páncreas en España. Irán leva a cabo unha grande ofensiva contra Iraq. Ábrense as portas do remodelado "Palacio de El Pardo" (Madrid), destinado no futuro á residencia de Xefes de Estado estranxeiros en visita a España. 13 de febreiro - Morren sesenta e catro xoves italianos no incendio dun cine en Turín. 14 de febreiro - Ariel Sharon dimite como Ministro de Defensa de Israel, acusado de instiga-la matanza nos campos de palestinos de Sabra e Chatila (Beirut). 16 de febreiro A poboación de Sagunto (Valencia) inicia unha folga xeral na defensa da continuidade dos Altos Fornos do Mediterráneo. Detidos en España os presuntos implicados na matanza de Boloña, que tivo lugar o 2 de agosto de 1980. 18 de febreiro Matanza de Wah Mee: Morren 13 persoas tiroteadas en Seattle, Estados Unidos. A dimisión de Landelino Lavilla como presidente de UCD prevese como indicio da fin dese partido. "Venres Negro" en Venezuela: Logo dun século de estabilidade económica, o Banco Central anuncia a desvalorización do bolívar venezolano, dando comezo a unha prolongada crise económica no país petroleiro. 20 de febreiro Sanguentos disturbios nas eleccións celebradas no estado federado de Assam (India). Lanzamento do observatorio espacial xaponés Tenma. 22 de febreiro Finaliza en Alxer a reunión do Consello Nacional Palestino, coa reelección de Iaser Arafat como presidente da OLP. José María Ruiz-Mateos declara nunha rolda de prensa que "Rumasa non precisa diñeiro do estado para subsistir". 23 de febreiro - Nacionalización de Rumasa por parte do goberno español de Felipe González. 24 de febreiro - O Goberno español aproba o proxecto de incompatibilidades para os altos cargos. 25 de febreiro - Apróbanse en España os Estatutos de Autonomía de Baleares,BOE . Castela e LeónBOE ., EstremaduraBOE . e Madrid.BOE . 28 de febreiro - Lánzase por primeira vez ao mercado o CD. 7 de marzo - Comézase a transmitir, en Estados Unidos a canle TNN, logo renomeada Spike TV. 8 de marzo - O presidente estadounidense Ronald Reagan chama á Unión Soviética "imperio do mal". 9 de marzo - A Canle 8 de Televisa cambia a súa orientación ao converterse en canle cultural. 2 anos máis tarde cambia a súa frecuencia á Canle 9. 22 de marzo - Nomeado presidente de Israel o laborista Haim Herzog. 23 de marzo - Ronald Reagan anuncia o Sistema Estratéxico de Defensa, coñecido como Guerra das Galaxias (Pola película Star Wars). 31 de marzo - Colombia - Un terremoto destrúe a cidade de Popayán. 18 de abril Bombardeo da embaixada estadounidense en Beirut , (Líbano). Comeza a transmisión de Disney Channel en Estados Unidos. 23 de abril- Si La Vie Est Cadeau, de Corinne Hermès, gaña por Luxemburgo a XXVIII Edición de Eurovisión celebrada en Múnic. 6 de maio - A revista alemá Stern publica os Diarios de Hitler. Máis tarde descubrirase que son falsificacións. 8 de maio - Eleccións municipais en España (2ª lexislatura). 9 de maio - O papa Xoán Paulo II retira a condena a Galileo Galilei. 25 de maio - Estrea do filme O regreso do Jedi nos Estados Unidos. 30 de maio - Fundación do Parlamento das Canarias 9 de xuño - Vitoria esmagadora do partido conservador de Margaret Thatcher nas eleccións británicas. 24 de xuño - Suicidio na Habana do expresidente cubano Osvaldo Dorticós 18 de agosto - O furacán Alicia golpea a costa de Texas, causando a morte de 22 persoas e cuantiosos danos materiais. 26 de agosto - Inundacións en Euskadi, Navarra e Burgos, causando 39 falecidos. 30 de agosto - Asasinato do intendente de Santiago de Chile, xeneral (R) Carol Urzúa, xunto cos seus dous escoltas. O atentado na súa contra reivindicouno o Movemento de Esquerda Revolucionaria. 1 de setembro - Cazas soviéticos derriban por erro a un avión comercial surcoreano con 269 pasaxeiros. (Ver Voo 007 de Korean Air) 10 de setembro - Inicio de emisións de "Televisió de Catalunya" (TV3) 23 de setembro - Na Arxentina, un operario comete un erro durante a reconfiguración dun panel de combustible, causando un accidente de criticidade, nun reactor experimental. 27 de setembro - Richard Stallman anuncia o desernrrolo do sistema operativo GNU. 3 de outubro - Xapón: entra en erupción o monte Oyama, destrúe 400 casas, incendia zona boscosa e unha lagoa. 5 de outubro - Descobremento do Asteroide 9007 James Bond 13 de outubro - O municipio murciano de Los Alcázares independízase dos municipios de San Javier e Torre Pacheco. 29 de outubro - Un terremoto en Turquía produce a morte de 1.330 persoas. 30 de outubro - Primeiras eleccións democráticas na Arxentina tras sete anos de ditadura militar. 15 de novembro - A parte turca de Chipre declárase independente. 17 de novembro: Fundación do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN). O Presidente Luis Alberto Monge proclama a Neutralidade Perpetua, activa e non armada de Costa Rica. Que resultaría ser unha máscara política, ante os intereses xeopolíticos estadounideses na area, polo ascenso do sandinismo en Nicaragua 27 de novembro: - Accidente aéreo en Madrid, dun avión Boeing 747 da aeroliña Avianca, que estaba a cubrir o voo Charles de Gaulle París - El Dorado Bogotá. 10 de decembro - Raúl Alfonsín asume a presidencia da Arxentina. 17 de decembro: Un incendio nunha discoteca de Madrid causa a morte de 83 persoas. Un coche bomba do IRA mata a 6 persoas e produce 90 feridos en Londres. 21 de decembro: - España gaña por 12 goles a 1 a Malta no estadio Benito Villamarín de Sevilla para a clasificación da Eurocopa de 1984. 31 de decembro: Brunei obtén a independencia do Reino Unido. Explosión de dúas bombas en Francia. Unha, nun tren de París, mata a 3 persoas e fere a outras 19. A outra, nunha estación de Marsella, mata a 2 e fere a 34.
Nacementos Sona Jobarteh - vocalista, instrumentista e compositora gambiana e británica. 6 de maio - Raquel Zimmermann, modelo brasileira. 9 de maio - Cristina Ferreiro Real, escritora galega. 16 de xullo - Indara Rodríguez, empresaria e wedding planner galega. 30 de xuño - Patrick Wolf, cantautor inglés. 14 de agosto - Mila Kunis, actriz estadounidense.
Mortes 24 de xaneiro - George Cukor, director de cine estadounidense (n. 1899). 27 de xaneiro - Louis de Funès, actor francés (n. 1899). 28 de xaneiro - Frank Forde, primeiro ministro de Australia (n. 1890). 4 de febreiro - Karen Carpenter, cantante e música estadounidense (n. 1950). 25 de febreiro - Tennessee Williams, dramaturgo estadounidense (n. 1911). 3 de marzo - Hergé, escritor belga (n. 1907). 3 de marzo - Arthur Koestler, escritor austríaco (n. 1905). 9 de marzo - Ulf von Euler, fisioloxista sueco, Premio Nobel (n. 1905). 15 de marzo - Rebecca West, escritora e xornalista inglesa de orixe irlandesa. (m.1892) 17 de marzo - Haldan Keffer Hartline, fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (n. 1892). 24 de marzo - Lino Novás Calvo, escritor galego en castelán (n. 1903). 4 de abril - Gloria Swanson, actriz estadounidense (n. 1899). 13 de abril - Mercè Rodoreda, escritora catalá (n. 1908). 30 de abril - Muddy Waters, músico estadounidense (n. 1915). 8 de maio - John Fante, escritor estadounidense. 22 de maio - Albert Claude, biólogo belga, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1899) 29 de xullo - David Niven, actor británico (n. 1910). 29 de xullo - Luis Buñuel, director de cine español. 3 de agosto - Carolyn Jones, actriz estadounidense, vítima dun cancro de colon. 17 de agosto - Ira Gershwin, compositor estadounidense (n. 1896). 21 de agosto - Benigno Aquino, político e periodista filipino (n. 1932). 31 de agosto - Isidoro Millán Mariño, avogado, político e xornalista galego (n. 1890). 10 de setembro - Felix Bloch, físico suízo, Premio Nobel de Física (n. 1905). 10 de setembro - B.J. Vorster, presidente surafricano (n. 1915). 25 de setembro - Leopoldo III, rei belga. 17 de outubro - Raymond Aron, filósofo e sociólogo francés. 20 de outubro - Xosé Manuel López Nogueira, neurólogo, psiquiatra e escritor galego (n. 1932). 16 de novembro - Janete Clair, escritora brasileira de novelas para televisión (n. 1925). 5 de decembro - Robert Aldrich, director de cine estadounidense. 13 de decembro - Mary Renault, escritora inglesa. 21 de decembro - Xavier Zubiri, filósofo español. 25 de decembro - Joan Miró, pintor catalán (n. 1893) 28 de decembro - Dennis Wilson, músico estadounidense (Beach Boys) (n. 1944).
Premios Nobel Física: Subrahmanyan Chandrasekhar e William Alfred Fowler Química: Henry Taube Fisioloxía ou Medicina: Barbara McClintock Literatura: William Golding Paz: Lech Walesa Economía: Gerard Debreu
Día das Letras Galegas dedicado a: Manuel Leiras Pulpeiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1983