Lorvão é unha freguesía portuguesa do concello de Penacova, no distrito de Coímbra.
Xeografía Ten unha superficie de 25,77 km² e, no ano 2011, unha poboación de 3 898 habitantes, polo que a súa densidade de poboación era, nese ano, de 163,8 hab./km².
Evolución da poboación Poboación da freguesía de Lorvão (1864-2011) Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE - Publicaçőes 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2 453 2 734 3 277 3 655 4 281 4 236 4 087 4 563 4 801 4 314 4 172 4 088 4 329 4 220 3 898
Historia miniatura|305px|Túmulo de Teresa de Portugal na Igrexa do Mosteiro do Lorvão. A freguesía e famosa porque a infanta portuguesa Teresa, raíña consorte de León e Galicia polo seu casamento co seu primo irmán o rei Afonso IX; pero, polas presións da igrexa, e polo feito de que o papa Celestino III, debido a este matrimonio entre parentes tan próximos, e que ademais casaran sen preceptiva dispensa papal, excomungou ao monarca e pronunciou un interdito sobre o Reino de León, polo que, en 1195 a parella tivo que separarse e, en 1198, o matrimonio foi anulado, por consanguinidade, e Tareixa, en 1200, retirouse ao convento de Lorvão. pois ambos os contraentes eran netos dos rei de Portugal Afonso Henriques.Reis de Castela en Medieval Lands .
Teresa viviu o resto da súa vida no convento beneditino; pouco tempo máis tarde, transformou o mosteiro en abadía cisterciense e, finalmente, tomou os votos conventuais despois de anos de vivencia como monxa. Aí morreu o 18 de xuño de 1250.
O 13 de decembro de 1705 foi beatificada, xunto coa súa irmá Sancha, polo papa Clemente XI, mediante a bula Sollicitudo Pastoralis Offici.Beata Sancha, virgen y fundadora en El Testigo Fiel . Consultada o 23 de outubro de 2017.Beata Teresa del Portogallo en Santi e Beati .
En Portugal é venerada como beata, e mesmo como santa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fernandes Marques; Maria Alegria (2008): Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal. Coimbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 97-2772-019-6. Mattoso, José (2014): D. Afonso Henriques, 2ª ed. Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-97-2759-911-0. Rodrigues Oliveira, Ana (2010): Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-98-9626-261-7.
Outros artigos Tareixa de Portugal Afonso IX
Ligazóns externas Lorvão en freguesiasdeportugal.com . Goberno civil e información administrativa do Distrito de Coímbra
Categoría:Vilas de Portugal Categoría:Freguesías do distrito de Coímbra