Marty é un filme estadounidense de drama e romance dirixido por Delbert Mann. O guión foi escrito por Paddy Chayefsky, e está protagonizado por Ernest Borgnine e Betsy Blair. Ademais de gañar o Óscar ó mellor filme, o filme tivo grande éxito internacional, converténdose no cuarto filme estadounidense en gañar o premio principal no Festival Internacional de Cine de Cannes, sendo ademais o primeiro en gañar a Palma de Ouro de xeito unánime.

Foi emitido en galego o 13 de novembro de 1999 pola TVG.La Voz de Galicia, 13 de novembro de 1999. Páx. 86

Sinopse Marty (Ernest Borgnine) é un carniceiro italo-norteamericano que convive no barrio do Bronx xunto coa súa posesiva nai (Esther Minciotti). Solteiro con trinta anos, a súa timidez e torpeza coas mulleres faino crer que nunca iniciará unha relación amorosa. Por insistencia da súa nai, sae unha noite a bailar e coñece a Clara (Betsy Blair) unha profesora tan insegura e tímida coma el e xorde un romance que é desaprobado tanto pola nai de Marty como polos seus amigos.

Personaxes Ernest Borgnine como Marty Piletti Betsy Blair como Clara Esther Minciotti como Ms. Piletti, nai de Marty Augusta Ciolli como tía Catherine Joe Mantell como Angie Karen Steele como Virginia Jerry Paris como Tommy Frank Sutton como Ralph (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1954 Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1955 con versión en galego