Erendira Ikikunari (do purépecha: Erendira a Indomable) é un filme mexicano dirixido por Juan Mora Cattlet que se estreou en 2006.

Sinopse O filme é unha mestura de mitoloxía popular e tradición oral. Cando os españois tomaron Tenochtitlán, a princesa purépecha Eréndira liderou o seu pobo para derrotalos. Erendira é a historia dunha heroína real mexicana que se enfrontou ós prexuízos do seu propio pobo, que non tiña mulleres guerreiras e conseguiu o que os homes non puideron facer: roubar un cabalo ós conquistadores.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua purépecha Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes ambientados en Mesoamérica