Amlaíb mac Illuilb, finado en 977, foi un rei de Alba. Foi un dos tres fillos de Illulb mac Custantín, e un membro doc clan Áeda meic Cináeda, unha póla da dinastía Alpin. O avó paterno de Amlaíb tiña fortes conexións coa dinastía escandinava de Dublín, e existen probas que suxiren que Illulb e Amlaíb son nomes de orixe nórdica antiga. Se o nome de Amlaíb é unha forma gaélica dun nome escandinavo, podería sinalar que a súa nai era membro da Uí Ímair, e posiblemente neta de Amlaíb Cuarán ou Amlaíb mac Gofraid.

Despois da morte de Illulb en 962, o reinado de Alba foi tomado por Dub mac Maíl Coluim, un membro do clan Custantín meic Cináeda, unha póla rival da dinastía Alpin. Este rei axiña tivo a oposición do irmán de Amlaíb, Cuilén, quen tomou o trono para si mesmo en 966. Cuilén e outro fillo de Illulb foron asasinados en 971, despois do cal o trono foi tomado polo irmán de Dub, Cináed mac Maíl Choluim. Segundo as fontes irlandesas, Cináed matou a Amlaíb en 997.

Véxase tamén

Bibliografía Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Reprinted with corrections. Paul Watkins, Stamford, 1990. Anderson, Alan Orr, Scottish Annals from English Chroniclers. D. Nutt, Londres, 1908. Anon., Orkneyinga Saga: The History of the Earls of Orkney, tr. Hermann Pálsson e Paul Edwards. Penguin, Londres, 1978. Duncan, A.A.M., The Kingship of the Scots 842–1292: Succession and Independence. Edinburgh University Press, Edinburgh, 2002. Lynch, Michael (ed.), The Oxford Companion to Scottish History. Oxford UP, Oxford, 2002.

Categoría:Nados no século X Categoría:Reis de Escocia Categoría:Finados en 977