O aeroporto de Bergen, Flesland (IATA: BGO, ICAO: ENBR) é un aeroporto internacional situado en Flesland, en Bergen, unha cidade e municipio do condado noruegués de Hordaland. Trátase do segundo aeroporto máis concorrido de Noruega, con 6 021 020 pasaxeiros no ano 2015. Flesland está operado por Avinor, unha compañía estatal. Ata 1999 a Estación Aérea de Flesland da Forza Aérea de Noruega atopábase no aeroporto.

Scandinavian Airlines (SAS), Norwegian Air Shuttle e Widerøe son as principais aeroliñas que operan en Bergen. A ruta ao aeroporto de Oslo-Gardermoen está entre as máis concorridas de Europa. Dende o aeroporto as compañías CHC Helikopter Service e Bristow Norway tamén xeran un tráfico significativo cara ás plataformas petrolíferas no mar do Norte.

Orixinalmente Bergen estaba servido por aeródromos para hidroavións en Flatøy, Sandviken e Herdla. O financiamento de Flesland asegurouse en gran medida a través de fondos da OTAN e o aeroporto inaugurouse o 2 de outubro de 1955. Ata os anos 80 Bergen foi o aeroporto noruegués usado por SAS para os seus voos intercontinentais cara Nova York. No ano 1988 e en agosto de 2017 inauguráronse novas terminais nas súas instalacións. O tranvía de Bergen ampliouse cara ao aeroporto, inaugurándose a liña en abril de 2017.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Bergen