O ano 1108 foi un ano bisesto, que comezou en mércores, segundo o Calendario Xuliano. Acontecementos

29 de maio – Ten lugar a Batalla de Uclés na que falece Sancho Afónsez, fillo e herdeiro de Afonso VI. Verán: Afonso VI convoca unha curia en Toledo para tratar da súa sucesión no trono. Noméase herdeira á súa filla Urraca e acórdase casala con Afonso I de Aragón. Henrique de Borgoña, defensor dos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez, abandona a corte de Afonso VI contrariado pola decisión. Atravesa os pireneos na procura de reforzos militares.

Europa

29 de xullo – Lois VI de Francia comeza o seu reinado trala morte do seu pai. Primeira mención aos cónsules de Bérgamo indicando que a cidade xa era unha república independente.

Asia Setembro – O emperador bizantino Aleixo I Comneno e Bohemundo I de Antioquía negocian o Tratado de Devol

Nacementos Berenguela de Barcelona, infanta de Aragón (m. 1149) Bohemundo II de Antioquía, príncipe de Antioquía. Balduíno IV de Hainaut, conde de Hainaut (m. 1171). Leopoldo IV de Austria, margrave de Austria.

Mortes Soeiro Mendes da Maia 29 de xuño – Filipe I de Francia 5 de decembro – San Xeraldo de Braga, arcebispo de Braga. Nicetas de Nóvgorod, arcebispo de Nóvgorod

Notas

Historia ano a ano

Categoría:1108