Acontecementos
Abril: Afonso incumpre os acordos de Peñafiel, ocupa as torres de León e outras fortalezas. Os nobres garantes do acordo devolven a Urraca os castelos que retiñan en nome do rei de AragónLópez Ferreiro 1885. p. 88. Urraca, en Aragón, gaña as vontades dos subditos de Afonso mediante presentes e afagos e regresa aos seus reinos onde recupera varias fortalezas. Afonso fai vir reforzos desde FranciaLópez Ferreiro 1900. pp. 390-391. Maio: A raíña Urraca escribe pedindo axuda militar a Xelmírez. Este convoca os nobres galegos que se amosan reticentes debido ao desenlace da campaña do ano anteriorLópez Teixeira 2013. p. 87. 30 de maio: O exército galego comandado por Pedro Froilaz parte finalmente cara á guerra contra Afonso de Aragón. A tardanza do exército amola á raíña UrracaHistoria Compostelá. Libro I. Cap. LXXXIV. 25 de xuño: Os nobres galegos fan fronte as tropas de Afonso I, este recúa sen loitar abandonando o castelo de Burgos que capitula após 15 días de asedioHistoria Compostelá. Libro 1. Cap. LXXXVII. Xullo: Afonso I envia legados a Urraca con propostas de paz. A postura favorábel o acordo dos burgueses de Castela e León fai que a esta acepte. Xelmírez fala en contra na asembleaHistoria Compostelá. Libro I. Cap. LXXXIX. Urraca pide aos nobres galegos que socorran a vila de Berlanga sitiada polos almorábides. Pedro Froilaz traslada parte das súas forzas para levantar o cercoHistoria Compostelá. Libro I. Cap. XC. Agosto: O exército galego, trala cuarta reconciliación de Urraca e Afonso "o batallador", regresa á súa terra marchando coas mesmas precaucións que por pais inimigoLópez Ferreiro 1900. pp. 402-407. Pedro Froilaz e a súa familia fortalecen a súa alianza coa igrexa na defensa dos dereitos sucesorios de Afonso RaimúndezLópez Teixeira 2013. p. 93. 6 de novembro: Pedro Froilaz, e outros membros do seu clan familiar, realizan unha copiosa doazón de bens á igrexa de Santiago. 14 de decembro: Pedro Froilaz doa á orde de Cluny o mosteiro e panteón familiar dos Froilaz-Traba: San Martiño de Xuvia.
Europa
Pedro Abelardo abre unha escola en París
Nacementos
Mortes Omar Khayyam.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Historia Compostelá. Edición de Emma Falque Rey. 1994. Editorial AKAL. ISBN 84-460-0417-8 López Ferreiro, Antonio (1885). Don Afonso VII, rei de Galiza, e o seu aio o conde de Traba. (2006 ed.). Editorial Toxos Outos. ISBN 84-96673-01-4 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela. Seminario conciliar central. Volume 3. López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquia galega. Editorial Toxos Outos. ISBN 978-84-15400-78-3 Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1113