A Illa Lingga (en indonesio: Pulau Lingga) é a maior e máis poboada das Illas Lingga, en Indonesia. Ten unha superficie de 889 quilómetros cadrados. Está situada ao sur das illas Riau na costa leste de Sumatra. A outra illa principal do arquipélago é Singkep. Lingga está ao sur de Bintan e ao norte da veciña illa Singkep, no extremo sur do Mar da China Meridional e ao sur da liña do ecuador. A capital da illa é Daik no sur. Outros lugares de importancia son Pelandok e Kado na costa sur e Centeng e Linau na costa norte.

O pico máis alto é Gunung Lingga con 1.163 m. Gunung Sepinan pola súa banda alcanza os 750 m.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Illas de Indonesia Categoría:Illas do Índico