Jaime Vidal Rey, nado en Carballedo (concello de Cotobade) en 1915 e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939, foi un estudoso e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|300px|O SEG en 1936: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias Iglesias, Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Jaime Vidal Rey, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde ingresou en 1926.El Diario de Pontevedra, 5-6-1926. p. 2. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Seminario de Estudos Galegos, ingresou en 1934 co traballo "Papeletas pra o estudo da Real Audiencia de Galicia",El Compostelano, 28-3-1934, p. 2. e foi elixido contador da Comisión Directora en 1935.Raza Celta, 1-1935, p. 23. Publicou en Raza Celta de Montevideo o manifesto "Aos mozos galegos".Raza Celta, 31-7-1934, p. 11. Foi redactor-xefe de La Voz de Cotobad.El Pueblo Gallego, 8-5-1936, p. 12. Participou na campaña a prol do SI ao Estatuto de Autonomía cunha conferencia en Unión Radio en xuño de 1936."Conferencia radiada" in El Pueblo Gallego, 23-6-1936, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escondeuse no monte. Para escapar á represión ingresou como voluntario no Terzo de Requetés de Pontevedra. Estivo na fronte de Guadarrama.El Ideal Gallego, 17-2-1939, p. 6. Foi tenente provisional de Infantaría do Batallón de Cazadores de Ceuta, núm. 7. Morreu en acción de guerra en Sierra Patuda, no termo de Hinojosa del Duque, o 2 de febreiro de 1939.BOE, 14-2-1939, p. 863 Coa súa morte, o franquismo manipulou e apropiouse da súa figura como un "mártir da Cruzada".

Notas

Véxase tamén

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en 1915 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos