miniatura|Os cantíls de Eshaness, Mainland Norte Mainland é a illa principal das Illas Shetland, en Escocia. A illa contén o único burgh, Lerwick, das Shetland, e é o centro do transbordador das Shetland e as conexións aéreas.
Xeografía
Ten unha superficie de 970 km², o que a converte na terceira illa escocesa máis grande e a quinta máis grande das Illas Británicas logo de Gran Bretaña, Irlanda, Lewis e Harris e Skye.
Mainland pode ser dividida en catro seccións. A longa península meridional, ao sur de Lerwick, ten unha mestura de páramos e terras de cultivo e contén moitos sitios arqueolóxicos importantes. Bigton Sandwick Scalloway Sumburgh Mainland Central ten máis terras cultivadas e algunhas plantacións de bosques. Mainland Occidental Aith Walls Sandness Mainland Norte – en particular a gran península Northman, conectada á Mainland por un estreito istmo en Mavis Grind, é salvaxe, con moitos páramos e acantíls costeiros. Mainland Norte alberga Sullom Voe, cuxo terminal petroleiro é unha fonte importante de emprego para os insulares. Brae North Roe Vidlin
Esta illa é a segunda máis poboada das illas de Escocia, e tiña 18.765 residentes en 2011 comparado cos 17.550 en 2001.General Register Office for Scotland (28 de novembro de 2003) Occasional Paper No 10: Statistics for Inhabited Islands . Retrieved 9 de xullo de 2007.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Categoría:Illas de Escocia Categoría:Illas do Atlántico