miniatura|right|220px|Vista aérea do Flevopólder Flevopolder é unha superficie de varios pólders en terras gañadas ao mar situada na provincia de Flevoland nos Países Baixos. Flevopolder componse de dous pólders, o pólder meridional (Zuidelijk) drenado e construído en 1968 e o oriental (Oostelijk) finalizado antes en 1955. A diferenza doutros pólders, Flevopolder está rodeado completamente por auga, polo cal pode dicirse que é unha illa, ás veces é considerada a illa artificial máis grande do mundo. Flevopolder xunto co Noordoostpolder, forman a provincia de Flevoland xa que esta está feita enteiramente de pólders.
Nome O nome de "Flevopolder" tómase do antigo lago Flevo que foi secado enteiramente pola construción de terras gañadas ao mar. Actualmente o Flevopolder sitúase nunha gran parte do orixinal lago Flevo.
Fontes fluviais Flevopolder está completamente rodeado por auga, bañado polos lagos de Ketelmeer, Vossemeer, Drontermeer, Veluwe, Wolderwijd, Nuldernauw, Nijkerkernauw, Eemmeer, Gooimeer, Markermeer, IJmeer e o IJsselmeer
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20151011081511/http://www.ookflevoland.nl/en/
Categoría:Illas dos Países Baixos