O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Vén sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroliñas e destinos miniatura|250px|Airbus A319 de Air China aterrando miniatura|250px|Boeing 787 de All Nippon Airways aterrando miniatura|250px|Boeing 787 de American Airlines rodando miniatura|250px|Airbus A330 de China Eastern Airlines engalando. miniatura|250px|Boeing 737 de China Southern Airlines aterrando miniatura|250px|Airbus A340 de Hainan Airlines aterrando Pasaxeiros

Carga

Notas

Pequín