Yayo Herrero López, nada en Madrid en 1965, é unha antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española. É unha das investigadoras máis influentes no ámbito ecofeminista e ecosocialista a nivel europeo.Las ocho mujeres más influyentes en la protección del medio ambiente en España. La Vanguardia. 25 de maio de 2016.
Traxectoria Yayo Herrero é Licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, Enxeñeira Técnica Agrícola, Diplomada en Educación social e DEA en Ciencias da Educación.
Foi coordinadora estatal de Ecoloxistas en Acción e participou en numerosas iniciativas sociais sobre promoción dos Dereitos Humanos e ecoloxía social. Actualmente é profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia e directora xeral da FUHEM.Cambio en la Dirección General de FUHEM. 2012. Colabora habitualmente con diversos medios de comunicación como eldiario.es.Eldiario.es. Autores – Yayo Herrero.
Obra A investigación de Yayo Herrero céntrase na crise ecolóxica actual derivada do modelo de desenvolvemento e produción capitalista. Neste sentido, sostén que o propio capitalismo non pode existir sen que exista crecemento económico, pero que nun mundo físico que ten límites, un crecemento indefinido é imposible.Herrero, Yayo (2016). Ecologismo: una cuestión de límites. Encrucijadas. Revista crítica de Ciencias Sociales. Ademais, sostén que neste modelo económico prímanse traballos superfluos, mentres que os traballos que fan posible o mantemento da vida humana, como a produción agrícola ou o traballo reprodutivo, están completamente precarizados ou directamente excluídos de toda remuneración.Herrero, Yayo (2014). Producir y trabajar para mantener la vida humana. Viento Sur.
Desta maneira, propón unha transición cara a un modelo económico diferente, que teña en conta a inclusión social de todas as persoas e sexa compatible coa capacidade de rexeneración da natureza.Herrero, Yayo. (2013): "Propuestas ecofeministas para transitar a un mundo justo y sostenible" Curso de Verano - Transiciones a la sustentabilidad: alternativas socioecológicas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Feministas de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia