4º sen ascensor é unha serie de televisión galega de comedia de situación. Narraba as aventuras que tiñan lugar nun piso de estudantes e emitiuse na TVG no ano 2005. Foi dirixida por Beatriz del Monte e producida por Filmanova e La Región TV. Emitíronse 33 capítulos duns 60 minutos de duración máis ou menos.

Elenco Xulio Abonjo (Sebas). Cristina Castaño (Lucía). Xosé Barato (Fran). Mónica Camaño (Ana). Xoán Carlos Mejuto (Diego). César Goldi (Raúl). Laura Ponte Santasmarinas (Maruxa). Pepe Soto (Pedro). Julia Gómez (Nuria).

Sinopse As vivencias de dous mozos e unha moza duns vinte anos que comparten un piso de estudantes nunha cidade calquera:

Sebastián (Xúlio Abonjo), un mozo nervioso, algo histérico e bastante inocente que estuda medicina mentres traballa como testador, cobaia de toda clase de medicamentos e probas; Sebas ten un problema patolóxico, xa que é incapaz de mentir; Lucía (Cristina Castaño), a súa curmá, unha moza responsable, traballadora, boa estudante e intelixente pero moi maniática e mandona. Fran (José Barato) un vividor atractivo especializado en non dar pancada, aproveitarse dos demais -sobre todo de Sebas- e gañar cartos co póker.

En fronte vive un matrimonio de corentóns: ela, unha aspirante a artista plástica cunha obra desastrosa e el, un vendedor de seguros moi metódico.

O bar que frecuentan é dun home máis ben calado que cando fala... non para. Alí traballa Lucía de camareira.

Os pais de Sebastián, e tíos de Lucía, deixan a aldea de cando en vez para visitar o fillo. Ela é unha mestura de Karmele Marchante e un sarxento e el un xanciño. Cada unha das súas visitas ao piso de estudantes é un terremoto nas súas vidas, especialmente na de Fran, a quen consideran un pésimo exemplo para Sebas e... non lles falta razón.

Premios e candidaturas 4º sen ascensor conseguiu 7 candidaturas nos Premios Mestre Mateo 2005, entre as que destacan ás de Mellor serie de TV, Mellor interpretación feminina protagonista para Cristina Castaño e Mellor interpretación masculina protagonista para Xosé Barato.

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Persoa/s Resultado2005Mellor serie de televisióncandidataMellor interpretación masculina protagonistaXosé BaratocandidatoMellor interpretación feminina protagonistaCristina CastañocandidataMellor guiónXosé MoraisDavid RíosXosé Antón MoureFran VeloMarián FernándezAraceli GondaFernando RodríguezMichael CassidyRamón CamposCarlos PortelacandidatosMellor realizaciónToño LópezcandidatoMellor dirección de produciónMaría LiañocandidataMellor maquillaxe e peiteadoFannybellCarolina VarelaOscar Aramburucandidatos

Véxase tamén Ligazóns externas Tráiler de 4º sen ascensor en Culturagalega.org 4º sen ascensor na AVG de Culturagalega.org 4º sen ascensor na TVG

Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2004 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2005 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega