A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista ou tamén simplemente trompeta.
Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.
Mecanismo miniatura|100px|Pistón «ao aire» ou non pulsado. miniatura|100px|Pistón pulsado. A trompeta está constituída por un tubo, de latón xeralmente, dobrado en espiral de aproximadamente 180 cm de largura, con diversas válvulas ou pistóns, rematado nunha boca acampanada que recibe o nome de campá ou pavillón. Os dous primeiros terzos do tubo son practicamente cilíndricos, o que proporciona un son forte e brillante, ao contrario do que ocorre coa corneta ou o fliscorno, que posúen un tubo cónico e producen un ton máis suave. O outro terzo restante é un tubo cónico, excepto nos últimos 30 cm, nos que o tubo se ensancha para formar a boca en forma de campá. O calibre é unha serie complexa de voltas, máis pequenas no receptor de boquilla e máis grande xusto antes do comezo da campá. O meticuloso deseño destas voltas é crítico para o que é a entoación da trompeta.
Como con todos os instrumentos de metal, o son é producido polo ar que se sopra a través dos labios cerrados, obtendo un «zunido» na boquilla e comezando unha permanente onda de vibración na columna de aire no interior da trompeta. O trompetista pode seleccionar a execución dunha gama de matices harmónicos mudando a apertura e tensión dos labios exercidas sobre a boquilla.
Nos principios, a súa capacidade para producir sons limitábase a unha serie de harmónicos sobre a nota fundamental. Non obstante, coa posterior adaptación do mecanismo do pistón, a trompeta converteuse nun instrumento cromático. Está provista de tres pistóns e en xeral está afinada en si bemol, dó ou la. Cando a súa afinación é en dó non hai necesidade de transportar. Na trompeta en si bemol e en la, a transposición é basicamente a mesma que se utiliza para o clarinete.
A trompeta ten tres pistóns que dirixen o son por diferentes partes do tubo que forma o instrumento, e deste xeito alonga ou acurta o percorrido do son e, polo tanto, consegue a súa afinación cromática. Cada un destes pistóns aumenta a lonxitude dos tubos cando son pulsados, o que reduce a tonalidade da nota. O primeiro pistón, que está conectado a un tubo de largura mediana, reduce a nota da trompeta en dous semitóns; o segundo pistón, conectado a un tubo de curta lonxitude, baixa a nota un semitón; e o terceiro pistón, conectado a un tubo longo, baixa a nota tres semitóns. Ás veces existe un cuarto pistón, como é o caso da trompeta piccolo, que reduce en 5 semitóns a nota da trompeta. Mediante a combinación destes tres (ou catro) pistóns, conséguese case toda a afinación cromática dado que se obteñen até oito lonxitudes diferentes no tubo resoador. O son proxéctase cara ao exterior pola campá.
Desta forma, a trompeta en si bemol ao pulsar o primeiro pistón (dous semitóns menos), fai que dó baixe a si bemol, mi a re, e sol a fa. Na tonalidade real baixa, si bemol a la bemol, re a dó, e fa a mi bemol. Ao premer o segundo pistón (un semitón menos), dó baixa a si, mi baixa a re díese, e sol a fa díese. Na tonalidade real baixa si bemol a la, re a dó díese, e de fa a mi. Ao premer o terceiro pistón (tres semitóns menos), dó baixa a la, mi baixa a dó díese, e sol baixa a mi. Na tonalidade real baixa si bemol a sol, re a si, e fa a re. Ao pulsar dous pistóns á vez, súmanse as súas caídas de tonalidade, sendo tres tons o máximo que se pode baixar: pulsando os tres pistóns á vez: 2 semitóns + 1 semitón + 3 semitóns = 6 semitóns ou 3 tons.
miniatura|Bomba de afinación. A serie harmónica da trompeta aseméllase á escala de música, pero hai algunhas notas da serie que son comprometidas por estar lixeiramente fóra do rango e que se coñecen como tons de lobo (ou wolftone). Algunhas trompetas teñen un mecanismo deslizante para compensalas.
A afinación adóitase ver afectada pola temperatura ambiental, polo tanto é necesario quentar o instrumento antes de tocar soprando a través del. Para afinar correctamente a trompeta é necesario axustala bomba de afinación até conseguir a afinación desexada. A bomba de afinación é o cóbado metálico que remata a sección central da trompeta e que queda á mesma altura que a campá. Nesta mesmo punto atópase a chave de desaugadoiro, utilizada para expulsar a auga que se acumula no interior da trompeta como resultado da condensación do aire nos seus tubos.
A boquilla ten un bordo circular chamado anel que proporciona un ambiente cómodo para a vibración dos labios. Inmediatamente detrás do anel está a copa, que canaliza o aire por unha apertura moito menor, o granillo, que diminúe un pouco para que coincida co diámetro do tubo principal da trompeta. As dimensións destas partes da boquilla afectan ao timbre ou á calidade do son e á facilidade e comodidade da execución. En xeral, canto maior e máis profunda é a copa, máis escuro é o son do timbre.
miniatura|Distintos tipos de sordina para trompeta. A trompeta pode fabricarse en distintos estilos, con modelos para os principiantes, os trompetistas intermedios ou para músicos profesionais. No pasado, fabricáronse trompetas cun número de materiais improbables, incluíndo a madeira, a arxila e a cerámica. Tamén foron fabricadas completamente de latón, bronce, prata e níquel. A trompeta moderna está fabricada comunmente de latón e ás veces é galvanizada con prata, níquel, ouro ou cobre. Mide aproximadamente 50 cm.
A sordina é un mecanismo que serve para cambiar a calidade e atenuar o son producido pola trompeta. Ten forma de pera e encaixa perfectamente na campá do instrumento, aínda que existen outros tipos de sordinas que non se acoplan na campá (como a sordina desatascador). Normalmente son de fibra ou metal.
As sordinas obstrúen os movementos das ondas sonoras nos metais, amplifican certos harmónicos e reducen outros. Os trompetistas teñen experimentado diversas formas de sordinas, desde inserir unha man no pavillón (técnica ortodoxa nalgúns metais clásicos) ou incluso cubrir a campá cun bombín.
Tesitura 200px|miniatura|Extensión dunha trompeta: fa♯2 a dó5, estendido a un dó6. A tesitura básica da trompeta ten unha extensión de dúas oitavas e media, desde fa♯2 por debaixo do dó central do piano (Dó3), incluso nalgunhas ocasións desde notas máis graves, até dó6. Aínda que na actualidade o rexistro aumenta até un fa - sol por encima desta nota, aumentando o rexistro a tres oitavas. Por encima desta nota, a trompeta tende a emitir un son distorsionado, que é moi difícil de dominar. Polo tanto, existe a recomendación para os compositores que cando se escribe para estes instrumentos, non pasen os límites arriba mencionados. Esta recomendación é frecuentemente ignorada. Hai trompetistas dedicados a superar este réxime (os chamados «agudistas»), que superan amplamente estes límites, incluso podendo aumentar este rexistro en máis dunha oitava, e xogan cos tons agudos ou supra-altos, aproximadamente, até o terceiro dó por encima do central; entre este tipo de músicos atópase Arturo Sandoval, aínda que este agudista chega até o sol da terceira oitava.
Detalles especiais A trompeta ao aire, sen pistóns pulsados, produce polo xeral as notas dó, mi e sol en todas as súas oitavas. Non obstante, existen 4 excepcións: na oitava por debaixo da central, sol non se produce ao aire, senón premendo o primeiro e o terceiro pistón. Na oitava central, o mi non se produce ao aire, senón premendo o primeiro e segundo pistón. Na segunda oitava, existe un si bemol ao aire. E na terceira oitava, existe re ao aire. Estas irregularidades débense aos harmónicos naturais.
No seguinte cadro amósanse as distintas notas que se obteñen premendo os distintos pistóns.
800px|centro|miniatura|Pulsacións da trompeta para as diferentes notas (OPEN: sen pulsar pistóns; o número indica que pistóns se deben pulsar).
Mantemento A trompeta é un instrumento moi sensible, polo tanto é moi importante baleirala sempre mediante a chave de desaugadoiro e secala por dentro e por fóra. Para este fin hai trapos e variñas especiais que se poden adquirir en comercios especializados.
Boquilla miniatura|Boquilla de trompeta. A boquilla e o tudel poden danarse facilmente por un montaxe impropia, polo que hai que realizar con coidado dita acción. A forma correcta é inserir suavemente a boquilla no receptor e dar un leve xiro para aseguralo. Nunca hai que forzar a boquilla dentro do tudel, posto que pode chegar a atrancarse. En caso de que isto ocorra, non é recomendable en ningún caso usar ferramentas de agarre (tenaces, alicates,... ) para quitar a boquilla atrancada, senón que debe levarse o instrumento a un establecemento especializado na reparación de instrumentos.
Os tipos de boquilla máis usados cando se empeza son os 7C; máis adinte utilízanse os tipos de boquillas como a 1-1/2C, 1-1/4C, sendo estes os máis comúns. A boquilla 3C axuda para alcanzar as notas agudas.
Pistóns miniatura|Pistón dunha trompeta desmontado. Cada un dos 3 pistóns vai encaixado nuns cilindros ocos que reciben o nome de camisas. Os pistóns e camisas son partes moi importantes da trompeta, polo tanto, é necesario poñer moito coidado en non dobralos nin raialos. Un correcto mantemento dos pistóns esixe o lubricado antes e despois de cada uso da trompeta. Para iso, é necesario sacar o pistón en liña recta, sen xirar, e aplicarlle 2 ou 3 gotas de aceite lubricante específico para trompetas. Baixo ningún concepto debe usarse graxa para lubricar os pistóns. Despois vólvese a colocar o pistón con coidado apoiándoo na camisa apropiada, aliñando a guía do pistón coa rañura da guía da camisa. Recoméndase pulsar o pistón varias veces para que se cubra toda a superficie co aceite lubricante.
É recomendable unha limpeza periódica dos pistóns. Para iso, é necesario sacar o pistón en liña recta, sen xirar, e deixalo sobre unha superficie limpa e que non raie o pistón. Cun cepillo de pistóns límpase o interior da camisa. En caso de non dispor de dito cepillo, recoméndase o uso dun pano dobrado ou unha variña envolta nunha tea de algodón. Límpanse os pistóns de calquera tipo de sucidade acumulada na súa superficie ou orificios e vólvense introducir nas súas correspondentes camisas, aplicándolles 2 ou 3 gotas de aceite lubricante.
Bombas Ao contrario que no caso dos pistóns, recoméndase empregar graxa para lubricar as bombas. A graxa de bombas mantenas herméticas e dótaas dun movemento suave, polo tanto, é un factor esencial no coidado da trompeta. Para realizar o mantemento das bombas é necesario quitar a bomba premendo o pistón correspondente. A continuación, insírese unha esquina dun pano de algodón limpo a través do burato da bomba e límpase calquera tipo de lixo dentro e fóra dela, así como na superficie das bombas interiores. Aplícase unha pequena cantidade de graxa de bombas e introdúcese varias veces consecutivas a bomba para que a graxa se estenda uniformemente.
Tipos de trompetas