A deflación ou inflación negativa, en economía, é un descenso xeneralizado e prolongado -como mínimo, dous semestres segundo o FMI- dos prezos de bens e servizos motivado por unha atonía da demanda e un exceso das capacidades produtivas (oferta). A deflación normalmente está asociada ás recesións e ás crises económicas e financeiras como ocorreu durante a Gran Depresión e a Gran Recesión.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Inflación Economía
Categoría:Termos e conceptos de economía