Shio BatmanishviliTamén Szijo Batmaniszwili, Sio Batmanisvili, Šio Batmanišvili, Chio Batmanisvili, Шио Батманишвили. Tamén citado como Batmalashvili, no que semella un erro de transcrición. (en ), nado en 1885 en Akhaltsikhe e executado o 1 de novembro de 1937 preto de Medvezhegorsk (RASS de Carelia, RSFS de Rusia), foi un sacerdote greco-católico xeorxiano. Traxectoria Batmanishvili naceu en 1885 en Akhaltsikhe, na gobernación de Tiflis do Imperio Ruso (hoxe en Xeorxia). Estudou no seminario de Constantinopla e posteriormente Teoloxía en Roma, sendo ordenado sacerdote en 1912. Inicialmente exerceu o seu ministerio en Kutaisi e en Akhaltsikhe, e a partir de 1922 foi superior do mosteiro dos Servitas da Inmaculada Concepción en Constantinopla. En 1925 foi recibido polo papa Pío XI xunto a un grupo de sacerdotes católicos orientais, e nomeado administrador apostólico (algunhas fontes indican que exarca) para os católicos xeorxianos de rito bizantino. thumb|right|250px|Tarxeta de visita de Shio Batmanishvili. O 16 de outubro de 1927 foi arrestado en Tbilisi e o 16 de xaneiro de 1928 sentenciado a dez anos de traballos forzados, sen posibilidade de amnistía, baixo os artigos 58-6 e 58-12 do código penal da RSFS de Rusia, e foi enviado ao campo de Solovki, a onde chegou o 12 de febreiro. En xullo de 1932 foi acusado de axitación antisoviética, celebrar liturxias e rituais relixiosos, e transmitir ao exterior información sobre a situación dos católicos na URSS; como resultado foi illado do resto de prisioneiros. En maio de 1935 foi trasladado a traballar no ferrocarril de Kirov, e en xuño de 1936 volveu a Solovki. O 14 de outubro de 1937 foi sentenciado a morte polo Directorado do NKVD e executado o 1 de novembro preto de Medvezhegorsk.
Notas
Categoría:Nados en 1885 Categoría:Nados en Akhaltsikhe Categoría:Finados en 1937 Categoría:Asasinados polo réxime soviético Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos de Turquía Categoría:Sacerdotes católicos de Xeorxia Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Relixiosos católicos de Xeorxia Categoría:Servitas da Inmaculada Concepción Categoría:Finados en campos de traballo do Gulag