miniatura|A tenda orixinal de Walmart, a cadea de supermercados máis grande do mundo.
Un supermercado é un estabelecemento comercial de venda polo miúdo que ofrece bens de consumo en sistema de autoservizo entre os que se atopan alimentos, roupa, artigos de hixiene, perfumaría e limpeza. Estas tendas poden ser parte dunha cadea, xeralmente en forma de franquía, que pode ter máis sedes na mesma cidade, estado ou país. Os supermercados xeralmente ofrecen produtos a baixo prezo. Para xerar beneficios, os supermercados tentan contrarrestar a baixa marxe de beneficio cun alto volume de vendas.
Outras clases de tendas de autoservizo como os hipermercados, venden tamén roupa e accesorios vehiculares como lamias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Canle de distribución
Categoría:Comercio