Casimiro Fernández Pérez-Villagómez, coñecido como Miro Villagómez e Xan das Cousas, nado en Vilafranca do Bierzo o 19 de febreiro de 1908 e finado no Barco de Valdeorras o 2 de novembro de 1947,"Miro Villagómez, escritor y periodista de todas las facetas locales", La Voz de Galicia, 11-7-1990, p. 31. foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Ao morrer seu pai con poucos anos, a familia trasladou a súa residencia ao Barco de Valdeorras. Foi oficial do Xulgado de Primeira Instancia do Barco. Foi correspondente de El Pueblo Gallego no Barco de Valdeorras,El Pueblo Gallego, 13-12-1934, p. 10. onde publicou artigos ilustrados con fotografías de Manuel Blanco Pascual. Colaborou en La Zarpa, Galicia NuevaLa Zarpa, 23-9-1933, p. 2. Faro de Vigo, La Voz de Galicia e A Nosa Terra, e publicou poemas en El Compostelano e Vida Gallega. En marzo de 1932 anunciouse a publicación dun libro de poemas.Vida Gallega, 10-3-1932, p. 19. Militou no Partido Galeguista e en 1936 asinou un chamamento que pedía o voto afirmativo para o Estatuto, nunha folla voante da Dereita Galeguista de Valdeorras. Despois da guerra continuou como correspondente de El Pueblo Gallego no Barco.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vilafranca do Bierzo Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1947