Yusuf Salama (en , tr. "Yuwsuf Bas Salamah"), nado en Antilias (Líbano) o 25 de decembro de 1914 e finado o 29 de marzo de 2004, foi un eclesiástico católico maronita, arcebispo de Alepo dende 1967 até 1990.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 10 de marzo de 1940. O 15 de marzo de 1967 foi nomeado arcebispo de Alepo dos maronitas, recibindo a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía e todo o Leste Paulo II Pedro al-Mauxi o 14 de maio.

O 24 de setembro de 1967 foi nomeado administrador apostólico de Ladaqia, cargo que mantivo até o 4 de agosto de 1977. Retirouse o 9 de xuño de 1990, e finou o 29 de marzo de 2004.

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Arcebispos católicos de Siria Categoría:Arcebispos da Igrexa católica maronita Categoría:Finados en 2004