San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE, en 2022 tiña 470 habitantes (227 homes e 243 mulleres), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.

Historia Existen restos arqueolóxicos que datan da Idade de Bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no lugar do Adro.

Durante a Idade Media, o señorío de Lanzós formou parte activa na revolta irmandiña. Existe un romance que lembra a participación dos de Lanzós na revolta.

Até hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira.

Patrimonio No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, o xefe irmandiño.

No lugar do Adro atópase a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921.

Demografía

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Lanzós

Parroquias de Vilalba

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilalba

Categoría:Parroquias de Vilalba Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño