San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2022 tiña 317 habitantes (164 homes e 153 mulleres).
Xeografía A parroquia esténdese dende Noche e Nete polo oeste, ata a estrada de Vilalba a Cospeito e a parroquia de Rioaveso.
En Oleiros, denominada tamén como Somede, xunto con Sancovade e superado o val de Ladra, é onde comeza a chaira que dá nome á comarca.
Economía Na parroquia existiu unha industria de cerámica popular, de onde procede a súa denominación. Conta cunha queixeria de San Simón coa súa correspondente denominación de orixe, unha panaderia, unha carpinteria e diversos comercios que dan traballo a veciños desta parroquia.
Conta ademais coa empresa "Capones Aurora", propiedade da señora que lle dá nome, empresa pioneira na distribución de capóns durante todo o ano, actualmente vangarda na distribución e venda do capón, tanto na época do Nadal como no resto do ano. A empresa obtivo diversos premios e galardóns.
Historia En Oleiros editouse o periódico La Voz de Oleiros entre 1923 e 1925.
Patrimonio Restos prehistóricos e da época romana no Castro. A parroquia aparece mencionada nun documento de 1213 como San Mammes de Ollariis e en 1407 como o Coto de Oleiros.
Demografía
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Oleiros
Parroquias de Vilalba
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilalba
Categoría:Parroquias de Vilalba Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede