O órgano de Johnston é un mecanorreceptor dos insectos.
Encóntrase na base das antenas aneladas (flaxeladas), no pedicelo do segundo artello.órgão de Johnston (Arthorpoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.
A presenza deste órgano é unha caractrerística que diferencia os insectos dos outros hexápodos. Nos mosquitos machos (familia dos Culicidae) este órgano permite ao macho captar estímulos de vibración producidos pola resoancia das ás das femias, posibilitando así o acercamento de sexos.
Este órgano tamén desempeña outro tipo de funcións, por exemplo no cortexo en Drosophila, información do voo en lagostas e avelaíñas, ou para a natación nos coleópteros da familia dos Gyrinidae.
Na abella serve na comunicación social cando practican a danza da abella para transmitir a localización de fontes de alimento.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Haroldo Toro G., Elizabeth Chiappa T., Carmen Tobar M. (2003): Biología de insectos. Valparaíso, Chile: Ediciones Universitarias de Valparaíso. ISBN 956-17-0340-8.
Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Fisioloxía animal Categoría:Insectos Categoría:Termos zoolóxicos