O pardal do deserto (Passer simplex) é unha especie de ave paseriforme da familia dos paséridos pertencente ao xénero Passer.
Características É un pequeno paseriforme, que habita en zonas desérticas. Está perfectamente adaptado ás condicións do hábitat. Prefire criar en oasis ou en ríos secos con algo de vexetaciónProyecto gorrión sahariano en Fondo Emberiza. En lugares habitados polo home sofre a competencia de especies invasoras como a pomba, a rula común ou o pardal común.
Distribución É unha ave moi característica do Sáhara, todo o norte de África e as zonas desérticas de Asia Central. En África localízanse dúas subespecies: a Passer simplex simplex e a Passer simplex saharae. Existe unha terceira subespecie localizada en Irán, Turkmenistán e Uzbekistán. Esta subespecie coñécese como pardal de Zarudny (Passer simplex zarudnyi), sendo considerada por algúns expertos coma especie propia, debido a súa falta de dimorfismo sexual, que é moi marcado nas outras dúas subespecies. (Ver taxonomía).
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1823 polo médico, explorador e zoólogo alemán Martin Lichtenstein, nun traballo publicado en Verzeichnis der Doubletten des Zoologischen Museums der Koeniglichen Universität zu Berlin, 1823: 21, baixo o nome de Frigilla simplex.Summmers Smith, Denis J. (1988): The Sparrows. A study of the genus Passer. London: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-2824-3.
En 2009, Kirwan et al. consideraron a subespecie Passer simplex zarudnyi como especie inependente, Passer zarudnyi.Kirwan, G. M., Schweizer, M., Ayé, R. and Grieve, A. (2009): "Taxonomy, identification and status of Desert Sparrows". Dutch Birding 31: 139-158.Passer zarudnyi na Lista vermella da UICN. O Congreso Ornitolóxico International aceptou este cambio na súa clasificación de referencia, versión 3.5 (2013).
Subespecies Segundo a clasificación de referencia aludida, este paxaro comprende só 2 subespecies: Passer simplex simplex (Lichtenstein, 1823) Passer simplex saharae Erlanger, 1899
Porén, o ITIS segue a considerar a día de hoxe as tres subespecies antecitadas:Passer simplex (Lichtenstein, 1823) no ITIS.
Passer simplex saharae Erlanger, 1899 Passer simplex simplex (Lichtenstein, 1823)</small> Passer simplex zarudnyi Pleske, 1896
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. Kirwan, G. M.; M. Schweizer, R. Ayé & A. Grieve (2009): "Taxonomy, identification and status of Desert Sparrows", Dutch Birding, 39: 139-158. Sangster, G.; J. M. Collinson, P.-A. Crochet, A. G. Knox, G. T. Parkin & S. C. Votier (2013): "Taxonomic recommendations for Western Palearctic birds: ninth report", Ibis, 155 (4): 898-907.
Outros artigos Paseriformes Paséridos Passer
Ligazóns externas Passer simplex (Lichtenstein, 1823) no ITIS. Passer simplex na EOL. Proyecto gorrión sahariano en Fondo Emberiza .
Categoría:Paséridos