O polígono industrial do Tambre, situado ó norte da cidade de Santiago de Compostela, é un polígono industrial que acolle a máis de 450 empresas nunha superficie de 1.200.000 metros cadrados. Creado en 1975 e ampliado en 2004, xera uns 6500 postos de traballo directos.
Descrición Conta con servizos de transporte público, vixilancia privada, gardería, edificio de usos múltiples, restaurantes, area de servizo e recollida de lixos. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT) creada en 1979 encárgase da defensa dos intereses dos asociados.
Anexo ó polígono atópase o cemiterio de Boisaca. Importantes empresas como FINSA ou Castrosua teñen as súas factorías moi preto do polígono, malia que non pertencen a el. Os sectores da automoción, dos servizos, da construción, da distribución ou venda e do transporte son os máis presentes neste parque empresarial. Mercagalicia, URO, Gamelsa e Donuts son algunhas das empresas do Tambre.
Accesos N-550. P. K. 57 a 58. SC-20. "Santiago norte / Polígono industrial". Rúa do Tambre - Vial de Marconi - Estrada a Trazo.
Véxase tamén
Ligazóns externas Asocicación de Empresario do Polígono Industrial do Tambre Polígono industrial del Tambre, en Ingestin.
Categoría:Santiago de Compostela Tambre