Seaxred, Sexred, ou Sexræd, finado en 626?, foi un rei de Essex.
Traxectoria Sexred era o fillo de Sæberht (finado en 616?), o primeiro rei cristián dos saxóns orientais, ao que sucedeu, reinando conxuntamente cos seus dous irmáns, Saeward e outro, cuxo nome adóitase citar como Sigebert, sen base ningunha de autoridade (Bromton, ap. Decem SS. col. 743) mais quizais o non situado Seaxbald, pai de SwithhelmYorke, Barbara.. Seaxred rexeitou aceptar o cristianismo, e practicou abertamente o paganismo e deu permiso aos seus súbditos para que adorasen os seus ídolos.
Cando el e os seus irmáns viron a Melito (finado en 624), bispo de Londres, dando o eucaristía á xente na igrexa, dixéronlle, tal e como se cría no tempo do Venerábel Beda, "Por que non nos ofreces o pan branco que adoitabas dar ao noso pai Saba, pois tal o chamaban, e que aínda lle dás á xente?" Melito contestou que se se lavaban na fonte o terían, mais que doutro non lles faría ben ningún. Pero eles dixeron que non habían entrar na fonte, pois non necesitaban lavarse, senón refrescárense. O asunto foilles explicado repetidas veces polo bispo, que persistiu en rexeitar a súa petición. Por fin acabaron de enfadarse e desterráronno do seu reino. Non moito tempo despois saíron para loitar cos saxóns occidentais, e faleceron, sendo destruído case todo o seu exército (Beda, Hist. Eccl. ii. c. 5). Nesta batalla enfrontáronse con Cynegils e Cwichelm de Wessex, os reis de Wessex que invadiron o seu territorio cunhas forzas máis grande das que os de Essex poderían ter sobre o 626. Sucedeunos Sigeberht I de Essex
Notas
Categoría:Finados en 626 Categoría:Reis de Essex